Amosando publicacións coa etiqueta Retos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Retos. Amosar todas as publicacións

mércores, 10 de xuño de 2020

Reto 30. O reto do Xardín

Teño un xardín de 24 metros cadrados de forma rectangular. Propóñovos resolver varias cuestións que sobre el.
  • Canto miden os seus lados?
  • Canto mide o seu perímetro?
  • Pode haber varias solucións diferentes? Se cres que si, intenta pensar algunhas.
  • Pode haber un xardín cadrado con esa área? Canto medirían os seus lados aproximadamente?
  • Pode haber xardíns con esa área que teñan outras formas? Se pensas que si, intenta debuxalos e calcular as medidas da contorna.
  • A que xogos se podería xogar neses xardíns dependendo das formas e medidas que teñan?

Ánimo, que este reto da para moito se o pensades con calma.





martes, 9 de xuño de 2020

Mates na cociña. Ecuacións de froitas

Outro reto moi sano para practicar o cálculo mental. Volvemos a traballar a álxebra desde a cociña. Trátase de calcular canto vale a última fila de froitas tendo en conta o valor das anteriores. Estes pomelos tamén son da horta do profe Nico.



Animádevos a inventar vós algún reto similar !!!



luns, 8 de xuño de 2020

Mates na cociña. Pesada froitas 3

Volven os retos na cociña, esta vez un reto de pesadas de froitas. Non vos preocupedes, esta vez non é moi difícil, só require un pouco de cálculo mental sinxelo. Trátase de calcular canto pesa cada froita. Por certo, o pomelo é da horta do profe Nico, logo fago un zume para refrescarme desta calor. 😋



Animádevos a deseñar vós un reto como este !!!


mércores, 3 de xuño de 2020

Lembrade: solucións dos retos

Lembrade que buscando no blog a entrada chamada "Solucións aos retos" podedes comprobar as solucións aos retos que vou colgando. Por suposto, é para consultar despois de pensar, senón non sería un reto. Colgo as solucións de cada reto uns días despois de colgar o reto.
Tamén podedes atopar esta entrada clicando na etiqueta "Solucións retos", ou facendo clic aquí abaixo.




xoves, 28 de maio de 2020

Reto 029

O reto de hoxe lévanos de viaxe polo Antigo Exipto. Déixovos unha pirámide secreta. Podedes resolvela on line ou descargar o pdf para facela. Na versión on line podedes facer cantas querades.


        



mércores, 27 de maio de 2020

martes, 26 de maio de 2020

Reto 027

Lembrades a balanza que tiñamos na aula para traballar o cálculo mental (sumas, multis, ecuacións...). Propóñovos un reto con ela (pura álxebra).



mércores, 13 de maio de 2020

Reto 024: Facemos un Tangram ??

Déixovos un enlace a un vídeo onde nos contan como podemos construír facilmente un tangram chinés que nos vai permitir facer un sinfín de actividades matemáticas. Desde xeometría hasta medidas, pasando por fraccións, cálculos, proporcións...
Irei propoñendo actividades para traballar co tangram proximamente. Mentres, podedes usalo a modo de reto con figuras de sombras. Deixo abaixo un enlace para as sombras e outro para solucións (neste tedes que facer zoom), pero dádelle ao coco antes de consultar pistas.

Podedes facelo en papel e despois pasao a cartonila, goma EVA, cartón... Empregade toda a vosa creatividade para decoralo. Espero imaxes das vosas creacións. (Consello, decorade ou pintade as dúas caras de cada peza)





Clica nas imaxes
  
     
Reto de sombras                                    Solucións  




xoves, 30 de abril de 2020

O Rosco da Palabrotas

Xa que temos o muro das palabrotas, aquí vos deixo un rosco de palabrotas que fixen para repasar cousas que vimos ao longo do curso e investigar outras novas.

Desfrutádeo !!!



martes, 28 de abril de 2020

Mix de retos lóxicos

Déixovos neste enlace 10 retos de lóxica (algún deles xa o fixemos en clase, a ver se o recordades). Ao final do artigo, están as solucións, pero pensade e dádelle voltas abondas antes de miralas.
 Con este mix e as conexións por video chamada, xa tedes retos para o resto da semana.






venres, 24 de abril de 2020

Reto de maxia coa calculadora

Hoxe rompemos un pouco a rutina e propóñovos facer un pouco de "maxia" coa calculadora.
Queredes adiviñar o pensamento? Imos alá.

Podedes facerllo aos vosos pais, nais e familia que teñades cerca, e cando saiamos do confinamento, tamén ás amistades. 
Van quedar coa boca aberta!!

Só precisades unha calculadora e seguir os pasos que vos indico un a un.
Logo de facelo, o reto para vós consiste en averiguar por que pasa o que pasa, onde está a "maxia"? Como sempre, podedes enviarme por mail as conclusións.
BOA FINDE !!


Fonte: Xornadas Imatxina

venres, 17 de abril de 2020

Reto 020

Ás veces, as cousas non son o que parecen.
A pensar !!!


Decansade e relaxede estes dous días. Boa Finde !!


xoves, 16 de abril de 2020

Reto 019

O reto de hoxe é bastante difícil, pero anímovos a que o intentedes.



Pista: Probade con combinacións de operacións de cálculo mental  💓😉

mércores, 15 de abril de 2020

Reto 018

Xa sabedes que sempre digo o mesmo, a busca de patróns é un dos obxectivos principais das matemáticas.





martes, 14 de abril de 2020

Reto 017

O reto de hoxe adícollo á mestra de mates máis molona de 4º de primaria. Pasoume isto por wsp e levoume un rato atopar a resposta.

Atréveste ???



luns, 13 de abril de 2020

Reto 016

Este reto pode que dea un pouco máis que pensar, pero é bonito. Ata pode facerse en cartolina ou papel.




Por favor, non fagades "spoiler" dos retos.  Deixade pensar aos demais.

venres, 10 de abril de 2020

Reto 015

Outro reto de "camiños" para traballar  topoloxía. Este, un chisquiño máis difícil, pero sen pasarse.




Por favor, non fagades "spoiler" dos retos.  Deixade pensar aos demais.