xoves, 30 de abril de 2020

O Rosco da Palabrotas

Xa que temos o muro das palabrotas, aquí vos deixo un rosco de palabrotas que fixen para repasar cousas que vimos ao longo do curso e investigar outras novas.

Desfrutádeo !!!



Ilusións ópticas

Hoxe, como antesala da fin de semana e para tomalo como algo máis lúdico, deixo un enlace a un artigo onde aparecen 15 ilusións ópticas. Algunhas xa as coñecedes porque levan anos colgadas polas paredes da aula de Belén, pero outras igual son novas. É curioso ver como. ás veces, nos engana o cerebro e as cousas non son o que parecen. Aquí nos explican un pouco estes efectos, cales son os mecanismos que emprega o cerebro para que se produzan. Obxectos do mesmo tamaño que aparentan diferentes, liñas paralelas que non o parecen. As matemáticas poden axudarnos a saír destes enredos a través da medida, do cálculo  da lóxica e das súas verdades absolutas.
Qué importante é estimar, e ás veces, qué imprescindible medir !!!



martes, 28 de abril de 2020

Parabéns !!

Os parabéns de hoxe son para ...



Parabéns: Helia



Mix de retos lóxicos

Déixovos neste enlace 10 retos de lóxica (algún deles xa o fixemos en clase, a ver se o recordades). Ao final do artigo, están as solucións, pero pensade e dádelle voltas abondas antes de miralas.
 Con este mix e as conexións por video chamada, xa tedes retos para o resto da semana.






luns, 27 de abril de 2020

Cubo Bafi

Na entrada de hoxe, déixovos uns vídeos para explorar a xeometría xogando a partir dun cubo flexible construido por vós. Este cubo coñecese popularmente como Cubo Bafi. O primeiro vídeo é para construilo e os dous seguintes para ver aplicacións con el. Pinchade nás imaxes para ver os vídeos.
Espero que o desfrutedes moito !!

Construción


                             
Que é Bafi                                                      Aplicacións Bafi




Reto 022


sábado, 25 de abril de 2020

Sesión OAOA directo. División II

Hoxe sábado, ás 18:00, a 8ª sesión en directo de Marcos Marrero, mestre OAOA. Será na súa canle de Youtube (enlace na imaxe).
Esta vez para falar sobre algoritmos da división. Moi interesante para toda a rapazada de terceiro ciclo e as súas familias, para comprender un pouco mellor a forma de traballar o cálculo mental.


Non vola perdades. Eu, alí estarei !!



Para os que non cheguedes a tempo, a sesión quedará grabada na canle de Youtube de Marcos.

venres, 24 de abril de 2020

Parabéns !!

Hoxe cantámoslle o parabéns a...



Parabéns: Martín



Reto de maxia coa calculadora

Hoxe rompemos un pouco a rutina e propóñovos facer un pouco de "maxia" coa calculadora.
Queredes adiviñar o pensamento? Imos alá.

Podedes facerllo aos vosos pais, nais e familia que teñades cerca, e cando saiamos do confinamento, tamén ás amistades. 
Van quedar coa boca aberta!!

Só precisades unha calculadora e seguir os pasos que vos indico un a un.
Logo de facelo, o reto para vós consiste en averiguar por que pasa o que pasa, onde está a "maxia"? Como sempre, podedes enviarme por mail as conclusións.
BOA FINDE !!


Fonte: Xornadas Imatxina

xoves, 23 de abril de 2020

Cornómetro táboas de multiplicar

Recibín peticións pola vosa parte para que subise máis fichas de cronómetro para as táboas de multiplicar.
Lembrade que tamén as podedes deseñar vós personalizadas (non deixa de ser poñer multis ao chou mesturadas e facer un deseño bonito da ficha).
Aquí quedan os enlaces de varias.




Reto 021


mércores, 22 de abril de 2020

Día da Terra 2020

O 22 de abril celébrase cada año o día da Terra. Déixovos un enlace a un vídeo relacionado co tema. Propóñovos que investiguedes un pouco sobre este evento e todo o que se vos ocurra relacionado co tema: desde cado se celebra, se é necesario, por que é necesario, cantos habitantes hai no planeta, cantos países, cal é o máis extenso, e o menos, cal é o máis poblado e o menos poblado, cantas especies de animais están en perigo de extinción, por que hai catro estacións no ano, por que ten 365 días, que é un día... Paro xa, pero por non cansarvos de ler, porque preguntas teño infinitas...


Vou investigar eu tamén algunha... 👴


Reto táboas multiplicar

Como vai esa memorización das táboas de multiplicar? Hoxe toca poñer a proba os avances coas táboas do 3, do 6 e do 9. Rétovos a facer as dúas fichas en menos de 3 min cada unha. Podedes usar un cronómetro ou un reloxo.  Hai cronómetros online (preguntádelle a google...). Non esquezades comprobar coa calculadora ao rematar.


3, 2, 1 ... XA !!!




martes, 21 de abril de 2020

Parabéns !!

Hoxe tócalle festexar a...



Parabéns: Elena


Mates na cociña. Aclaración sobre as básculas

Ás veces, cando estamos pesando con básculas de clquera tipo, parece que non das as contas. Por exemplo, no reto das pesadas de froitas, parece que o peso de todas as froitas xuntas non coincide coa suma dos pesos de cada froita por separado. Isto pode ser debido a que a báscula está redondeando os decimais.

Xa sabedes como se redondea a décimas, centésimas, etc.

Deixo aquí un exemplo para que se entenda mellor.

Se queredes calquera aclaración sobre o tema, preguntádesme por mail.



luns, 20 de abril de 2020

Cálculo mental. A división OAOA

Aquí vos deixo un enlace directo á 7ª sesión en directo que fixo Marcos Marrero (mestre OAOA) sobre a división este pasado sábado. É a primeira parte sobre a división. Próximamente, a segunda. É un video moi recomendable para entender como se debe traballar a división desde a comprensión, empregando algoritmos que fomentan o desenvolvemento do cálculo mental.




Mates na cociña. Pequeno reto

O reto de hoxe volve a ser na cociña a través dun vídeo. Estade con ollo para pausar o vídeo e pensar a resposta antes de que apareza a solución.
Podedes probar vós nas vosas cociñas a facer exercicios de cálculo mental con sumas, restas, multis e divisións.

Animádevos !!!




domingo, 19 de abril de 2020

Mates na cociña. Pesos e sumas

Boas a todos e todas. Hoxe domingo, non tiña pensado facer entrada, pero preparando o almorzo, púxenme a gravar na cociña e saíu isto.
Esta actividade podedes facela vós nas vosas cociñas. Os obxectivos son traballar os pesos (comparando pesos e observando as unidades, gramos, quilogramos), facer cálculos sinxelos (sumas, veces, repartos..) incluso, se vos atrevedes, facer fraccions, porcentaxes e proporcions.
Nos próximos días irei dando ideas e actividades máis concretas.

Desfrutade do domingo.



venres, 17 de abril de 2020

Contos con esencia

Sabedes o moito que me gustan as historias. Aprender escoitando historias, sexa nun video, contada por alguén ou lida nun libro sempre é un placer. Son moitas as ocasións nas que vos poño en clase un video, as veces fantástico, as veces documental, para introducir un tema novo ou entender algo.

Hoxe as imaxes as ides poñer vós, pero na vosa imaxinación... Anda ! que parecidas esas dúas palabras, imaxe e imaxinación. Terán algo que ver?

Aquí vos deixo un enlace a unha páxina onde hai varios contos cun certo toque matemático. Son historias moi chulas que vos animo a ler a fin de semana, se tedes tempo.



E como despedida da semana, déixovos un vídeo que fixeron duns "bichiños" campando tranquilamente pola ría de Aldán.

 
Imaxe de: LovingTheWorld

Boa finde, sede moi felices !!!


Parabéns !!

Quen celebra hoxe o seu aniversario?





Parabéns: Dani L., Sergio, Xoán, Paula


Reto 020

Ás veces, as cousas non son o que parecen.
A pensar !!!


Decansade e relaxede estes dous días. Boa Finde !!


xoves, 16 de abril de 2020

Clase virtual en vivo: A división

Hai uns días deixei un par de enlaces a unhas clases virtuais sobre a multiplicación que impartíu en vivo Marcos Marrero, un mestre canario de OAOA, na súa canle de Youtube.



Este sábado, 18 de abril, de 18:00 a 19:00, volverá a dar unha sesión en directo. Esta vez sobre a DIVISIÓN. Poderedes ver como fala do algoritmo da "Araña", que xa coñecedes.

Será na súa canle de YouTube. Deixo o enlace na imaxe.

Para quen non chegue a tempo, quedará grabada na canle de Marcos Marrero.




Parabéns !!!

Alguén está de aniversario hoxe?



Parabéns: Alba



Reto 019

O reto de hoxe é bastante difícil, pero anímovos a que o intentedes.



Pista: Probade con combinacións de operacións de cálculo mental  💓😉

mércores, 15 de abril de 2020

Parabéns !!

Hoxe, de casualidade, entereime que é un día especial para unha de vós, que está de aniversario. A raíz de iso, púxenme a investigar e descubrín que varios xa pasastes o aniversario en confinamento. Así que para todos vós, vai tamén adicada esta entrada do blog. E xa que non puidemos cantarvos o "parabéns" na clase, aí vai este, un pouco diferente ao habitual.
Clic na imaxe

Parabéns: Alma, Alejandro, Pablo, Nico, Yago, Uxía, Dani, Carlota, Irene.

💓💓💓😘😘😘

Reto 018

Xa sabedes que sempre digo o mesmo, a busca de patróns é un dos obxectivos principais das matemáticas.





martes, 14 de abril de 2020

Recordatorio retos

Lembrade que para ver as solucións aos retos só tedesque facer clic na etiqueta "Solucións retos" na parte esquerda do blog. Na imaxe tedes marcada a etiqueta a modo de exemplo.




Calculo mental "pensando"

Entrada adicada ás familias:
Moitas veces, deixámonos levar polos automatismos e facemos as cousas sen pensar. Un exemplo son os algoritmos que empregamos, en ocasións, para resolver cálculos. Xa sabedes que no Martín Codax non traballamos así o cálculo. Dáselle moita importancia ao cálculo mental e á lóxica e non se traballan tanto os algoritmos tradicionais baseados en procesos ríxidos e memorísticos sen entender o por que.

Hai un movemento pedagóxico, chamado OAOA, que está baseado no reforzo do cálculo, mental entendendo o que se fai, e no concepto de número (ao contrario que nos algoritmos tradicionais que se traballa por cifras). Un dos puntos fortes desta metodoloxía é o peso que se lle da á estimación e a auto detección de erros.

De todo o que busquei por internet e outros foros de profes de matemáticas, OAOA é o que máis se parece á forma que temos na nosa escola de traballar o cálculo.

Deixo aquí un par de videos, enfocados a docentes e familias, que poden estar moi ben para ser vistos en compañía, nenos e nenas con pais e nais (ou avós e avoas) e comprender (sobre todo os proxenitores) a forma de traballar o cálculo que estamos desenvolvendo na escola. Estes están enfocados a segundo e terceiro ciclo porque tratan sobre a multiplicación, pero na canle de Marcos Marrero (o protagonista do vídeo) hai máis sesiones sobre suma, resta, introdución ás regretas e próximamente división e outros conceptos.



Facede clic nas imaxes para ver os vídeos
          



A fantasía e as sombras

Hoxe quero compartir con vós unha proposta da mestra Carolina que me parece moi divertida e tamén ten cabida nos cursos superiores.
A ver que historias saen das vosas cabezas e toman forma a través das sombras...

Desfrutade da aventura de crear !!




Reto 017

O reto de hoxe adícollo á mestra de mates máis molona de 4º de primaria. Pasoume isto por wsp e levoume un rato atopar a resposta.

Atréveste ???



luns, 13 de abril de 2020

Reto 016

Este reto pode que dea un pouco máis que pensar, pero é bonito. Ata pode facerse en cartolina ou papel.




Por favor, non fagades "spoiler" dos retos.  Deixade pensar aos demais.

domingo, 12 de abril de 2020

Ventás ao mundo en vivo

Na entrada de hoxe, para darlle un toque máis lúdico do habitual aproveitando que é domingo, déixovos uns enlaces a webcams en vivo para asomarnos ao mundo sen saír de casa. Estes enlaces tamén os puxen no blog da escola (pinchade aquí para velo) onde podedes atopar máis visitas virtuais e outros recursos interesantes.

VENTÁS AO MUNDO NATURAL: Conexións con distintas reservas naturais, parques, etc, en diferentes partes do mundo. A través delas podedes observar (e escoitar) en vivo aos animais sen interferir no seu hábitat. Unha boa oportunidade para evadirse. Hai que ter en conta a zona horaria na que se atopa o lugar ao que nos ides asomar, ao mellor é noite e non vedes nada, ou si... É ESPECTACULAR, desfrutar da tranquilidade e dos sons da natureza.

          
               
  1. Reserva de paxaros Urdaibai (Euskadi). Con visita guiada en castelán todos os días ás 11:00 e ás 18:00. Merece moito a pena !
  2. Reserva de elefantes (Sudáfrica)
  3. Leóns mariños (California, USA)
  4. Reserva de koalas (Australia)
  5. Niños e comedeiros de aves (Hungría)
  6. Niño de cegoñas (Alemania)
  7. Animais varios (por todo o mundo)

VENTÁS A CIDADES DO MUNDO: Webcams en distintas cidades do mundo. Hai que ter en conta a zona horaria na que se atopa a cidade á que vos ides asomar.
  1. Vigo. (Fotogramas, hai que recargar a páxina para actulizar)
  2. Cidades do mundo 


Estas que veñen agora, xa non son en vivo, son visitas virtuais a partir de fotos panorámicas en 360º.


TOUR VIRTUAL POLAS ILLAS CÍES: Está moi ben feito e da a sensación de estar nas illas en primeira persoa. Unha oportunidade estupenda para quen non estivese nunca nas Cíes.
http://espanorama.com/tour-virtual-islas-cies/


TOUR VIRTUAL POR LUGARES DE VIGO E OUTRAS CIDADE: Neste tour podedes visitar moitas ubicacións de Vigo e algunhas de outras cidades.
https://shambalavigo.org/fotos.html



venres, 10 de abril de 2020

Reto 015

Outro reto de "camiños" para traballar  topoloxía. Este, un chisquiño máis difícil, pero sen pasarse.




Por favor, non fagades "spoiler" dos retos.  Deixade pensar aos demais.

xoves, 9 de abril de 2020

Reto 014

Nestes días de semana santa confinada vou poñer un reto moi doado. En concreto, aí van tres quebracabezas.


RETO EXTRA: Tamén podedes construír vós os vosos propios quebracabezas de este estilo e compartilos entre as amigas e amigos. Para iso, podedes utilizar a plantilla do xeoplanoA4 que vos deixei neste blog, ou nun cadrado deseñado por vós. Se queredes, podedes enviarme unha foto por mail dos deseños e así tamén nos saudamos.




Por favor, non fagades "spoiler" dos retos.  Deixade pensar aos demais.

mércores, 8 de abril de 2020

martes, 7 de abril de 2020

Factor constante coa calculadora

Lembrades a utilidade da calculadora "factor constante" para construír as táboas de multilplicar?
Aquí vos deixo un mini titorial para facelo tanto con calculadora científica como non científica. Tamén deixo a chuleta en papel.
Podedes usalo para xogar "contra" a calculadora e adiantarvos á resposta practicando ás táboas de multiplicar.


Clic nas imaxes para ver os videos

          


E aquí abaixo vos deixo a "chuleta" escrita.




Ler é lecer !!!

A plataforma "Galicia Le" da rede de bibliotecas públicas de Galicia pon á nosa disposición un amplo catálogo de libros electrónicos, tanto en galego como en castelán. Se sodes socios dalgunha biblioteca pública podedes acceder co número de carné. Se non o sodes, durante o estado de alarma, podedes facelo rexistrándovos online. Xa non hai excusa.

ÁNIMO E A LER !!



Neste outro enlace (clic na imaxe) déixovos un conto creado por Ramón D. Veiga e Iván R. que resume un pouco a situación pola que estamos pasando as familias confinadas nas nosas casa. Eu síntome totalmente identificado, e vos??

DESFRUTADE DO CONTO !!



Reto 012

Outra conversa extraña, esta vez no ascensor. Foi antes do coronavirus, claro, porque agora so baixo a botar o lixo e sempre baixo so.
Un veciño díxome isto: "Se onte fose mañá, hoxe sería venres".


Que día aconteceu esta conversa ???



Non fagades "spoiler" dos retos.  Por favor, deixade pensar aos demais.