Hoxe está de aniversario: Elisa Durante o mes de xullo estarán de aniversario: Aroa, Gonzalo, Lara, Pablo, Candela, Carmen, Elisa, Eric, Ana, Hugo, Uriel, Gabriela, Sergio, Martín e Hugo. E durante o mes de agosto: Uxía, Carla, Reyes, Gabriel, Xavi, Inés, Noah, Xoel, Noa, Irene, Javier, Bruno, Marta, Antía, Carmen, Nair e Rafa Dado que estamos de vacacións e non estaremos en contacto, parabéns anticipados para todos vós !!
A papiroflexia é a arte de transformar o papel en beleza. Case unha ciencia, diría eu. Dende logo, o que é indiscutible, é a súa relación íntima coas matemáticas, en concreto coa xeometría: áreas, formas, ángulos imposibles, volúmes, proporcións... Unha compañeira vosa, que non vou dicir quen é para que Aldara non se sinta aludida, é moi aficionada á papiroflexia e á xeometría, e fixo este "cubo infinito" que cambia de cubo a prisma só cun par de xiros. Véndese nas tendas como xoguete "antiestrés", pero mola infinitamente máis así.
Animádevos a practicar a papiroflexia. Apréndese un montón e é moi pero que moi divertido !!!
Para quen se anime a practicala, deixo aquí este enlace a Aulas Galegas onde teñen varias entradas adicadas á mesma. E con esta entrada tan artística, remato as propostas deste curso. Na entrada "solucións retos" tedes as respostas a todos os retos que fun propoñendo desde o inicio do blog. Espero que teñades gozado del tanto como eu. Nunca deixedes de preguntarvos cousas, de investigar e de aprender.
Outro reto moi sano para practicar o cálculo mental. Volvemos a traballar a álxebra desde a cociña. Trátase de calcular canto vale a última fila de froitas tendo en conta o valor das anteriores. Estes pomelos tamén son da horta do profe Nico.
Volven os retos na cociña, esta vez un reto de pesadas de froitas. Non vos preocupedes, esta vez non é moi difícil, só require un pouco de cálculo mental sinxelo. Trátase de calcular canto pesa cada froita. Por certo, o pomelo é da horta do profe Nico, logo fago un zume para refrescarme desta calor. 😋
Aquí tedes o obradoiro de probabilidade que fixemos a principio de curso completamente contestado. Como era un traballo por grupos, escaneei un deles e completei o que faltaba. Podedes descargalo para gardalo co resto de traballos do curso facendo clic na imaxe.
O reto de hoxe consiste en facer no menor tempo posible as restas do circuito do fillo de Bigfoot. Podedes facelo mentalmente ou anotando nun papel. Empregade diferentes algoritmos e estratexias para facilitar o cálculo e facelo máis rápido. Abaixo tedes un vídeo de explicativo con diferentes estratexias e algoritmos para a resta. Se queredes mellorar o tempo, podedes facelo varias veces ou inventar vós un circuito de restas como este. Como sempre, comprobade coa calculadora ao final e intentade atopar o motivo do erros.
Xa está programada unha nova sesión OAOA en directo. A temática será a segunda parte de FDP (fracción-decimal-porcentaxe). Unha sesión moi interesante para o alumnado de 5º e 6º, para comprender de xeito integral o concepto de número. Tres formas equivalentes de expresar unha cantidade. Aquí deixo os datos da sesión: Cando: Venres 5 de xuño Hora: De 18:00 a 19:30 (Península) Contido: Fracción-Porcentaje-Decimal (Parte II) Onde: Canle de Youtube Marcos Marrero Cárdenas https://www.youtube.com/channel/UClZf5_QEDlm6c9Qb7lsnDGA Lembrade que se non podedes asistir en directo, a sesión quedará gravada na mesma canle de youtube.
Lembrade que buscando no blog a entrada chamada "Solucións aos retos" podedes comprobar as solucións aos retos que vou colgando. Por suposto, é para consultar despois de pensar, senón non sería un reto. Colgo as solucións de cada reto uns días despois de colgar o reto. Tamén podedes atopar esta entrada clicando na etiqueta "Solucións retos", ou facendo clic aquí abaixo.
O reto de hoxe consiste en facer o circuito do fillo de Bigfoot con sumas no menor tempo posible. Podedes facelo mentalmente ou anotando nun papel. Empregade diferentes algoritmos e estratexias para facilitar o cálculo e facelo máis rápido. Por exemplo:
Descompoñer os números
Buscar deces
Empregar dobres
Redondear as cantidades e despois quitar o que se sumou de máis ou engadir o que se sumou de menos
Etc...
Abaixo tedes un vídeo de explicativo con diferentes estratexias e algoritmos para a suma. Non olvidedes comprobar coa calculadora ao final e intentar atopar o motivo do erros.
A perspectiva sempre é un factor a ter en conta. Conceptos como grande ou pequeno, longo ou curto, alto ou baixo, son relativos e só teñen sentido cando comparamos un ou máis elementos. Por iso se inventaron as unidades de medida, para falar de valores absolutos, aínda que medir tamén é comparar. Cando medimos estamos comparando o valor dunha magnitude (peso, lonxitude, área...) co valor dun patrón que usamos como unidade. Neste vídeo vese claramente a idea de que "grande " ou "pequeno" son conceptos relativos. Fixádevos que indica as medidas en metros (m) e en pés (ft, do inglés feet).
Xa está cerca o final do curso. Nesta recta final, imos repasar un pouco de todo e os retos desta semana van ir adicados ao cálculo mental. Comezamos por unha proba de rapidez coas táboas de multiplicar, que a estas alturas xa teñen que estar máis que sabidas. Intentade completar todas as multis do circuito no menor tempo posible. Se queredes mellorar o tempo, podedes repetilo as veces que queirades ou incluso, facer vós o voso propio circuíto.
Acordádesvos da entrada que fixen no blog ao principio do confinamento?Esa que se chamada "Ventás ao mundo en vivo"? Eran enlaces a webcams en puntos estratéxicos para observar animais en vivo. Pois levaba xa varios días sen asomarme e cando o fixen onte, levei unha agradable sorpresa. Mirade quen veu ao mundo neste tempo de pandemia...
Na web educaplus.org propoñen este divertido exercicio de álxebra con pesos. Facede os cálculos mentalmente ou en papel e clicada en cada pesa para darlle o seu valor e comprobar se os cálculos son correctos.