luns, 15 de xuño de 2020

Cubo infinito e papiroflexia

A papiroflexia é a arte de transformar o papel en beleza. Case unha ciencia, diría eu. Dende logo, o que é indiscutible, é a súa relación íntima coas matemáticas, en concreto coa xeometría: áreas, formas, ángulos imposibles, volúmes, proporcións...
Unha compañeira vosa, que non vou dicir quen é para que Aldara non se sinta aludida, é moi aficionada á papiroflexia e á xeometría, e fixo este "cubo infinito" que cambia de cubo a prisma só cun par de xiros. Véndese nas tendas como xoguete "antiestrés", pero mola infinitamente máis así.



Animádevos a practicar a papiroflexia. Apréndese un montón e é moi pero que moi divertido !!!

Para quen se anime a practicala, deixo aquí este enlace a Aulas Galegas onde teñen varias entradas adicadas á mesma.

E con esta entrada tan artística, remato as propostas deste curso. Na entrada "solucións retos" tedes as respostas a todos os retos que fun propoñendo desde o inicio do blog. Espero que teñades gozado del tanto como eu.

Nunca deixedes de preguntarvos cousas, de investigar e de aprender.


Que pasedes un moi moi feliz verán !!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este é un blog educativo. Os comentarios deben ser responsables e respetuosos. Grazas