Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2019-20. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2019-20. Amosar todas as publicacións

luns, 15 de xuño de 2020

Cubo infinito e papiroflexia

A papiroflexia é a arte de transformar o papel en beleza. Case unha ciencia, diría eu. Dende logo, o que é indiscutible, é a súa relación íntima coas matemáticas, en concreto coa xeometría: áreas, formas, ángulos imposibles, volúmes, proporcións...
Unha compañeira vosa, que non vou dicir quen é para que Aldara non se sinta aludida, é moi aficionada á papiroflexia e á xeometría, e fixo este "cubo infinito" que cambia de cubo a prisma só cun par de xiros. Véndese nas tendas como xoguete "antiestrés", pero mola infinitamente máis así.



Animádevos a practicar a papiroflexia. Apréndese un montón e é moi pero que moi divertido !!!

Para quen se anime a practicala, deixo aquí este enlace a Aulas Galegas onde teñen varias entradas adicadas á mesma.

E con esta entrada tan artística, remato as propostas deste curso. Na entrada "solucións retos" tedes as respostas a todos os retos que fun propoñendo desde o inicio do blog. Espero que teñades gozado del tanto como eu.

Nunca deixedes de preguntarvos cousas, de investigar e de aprender.


Que pasedes un moi moi feliz verán !!!



mércores, 10 de xuño de 2020

Reto 30. O reto do Xardín

Teño un xardín de 24 metros cadrados de forma rectangular. Propóñovos resolver varias cuestións que sobre el.
  • Canto miden os seus lados?
  • Canto mide o seu perímetro?
  • Pode haber varias solucións diferentes? Se cres que si, intenta pensar algunhas.
  • Pode haber un xardín cadrado con esa área? Canto medirían os seus lados aproximadamente?
  • Pode haber xardíns con esa área que teñan outras formas? Se pensas que si, intenta debuxalos e calcular as medidas da contorna.
  • A que xogos se podería xogar neses xardíns dependendo das formas e medidas que teñan?

Ánimo, que este reto da para moito se o pensades con calma.





martes, 9 de xuño de 2020

Mates na cociña. Ecuacións de froitas

Outro reto moi sano para practicar o cálculo mental. Volvemos a traballar a álxebra desde a cociña. Trátase de calcular canto vale a última fila de froitas tendo en conta o valor das anteriores. Estes pomelos tamén son da horta do profe Nico.



Animádevos a inventar vós algún reto similar !!!



luns, 8 de xuño de 2020

Mates na cociña. Pesada froitas 3

Volven os retos na cociña, esta vez un reto de pesadas de froitas. Non vos preocupedes, esta vez non é moi difícil, só require un pouco de cálculo mental sinxelo. Trátase de calcular canto pesa cada froita. Por certo, o pomelo é da horta do profe Nico, logo fago un zume para refrescarme desta calor. 😋



Animádevos a deseñar vós un reto como este !!!


Obradoiro probabilidade 5º e 6º

Aquí tedes o obradoiro de probabilidade que fixemos a principio de curso completamente contestado. Como era un traballo por grupos, escaneei un deles e completei o que faltaba.
Podedes descargalo para gardalo co resto de traballos do curso facendo clic na imaxe.




xoves, 4 de xuño de 2020

Cálculo mental. Restas

O reto de hoxe consiste en facer no menor tempo posible as restas do circuito do fillo de Bigfoot. Podedes facelo mentalmente ou anotando nun papel. Empregade diferentes algoritmos e estratexias para facilitar o cálculo e facelo máis rápido. Abaixo tedes un vídeo de explicativo con diferentes estratexias e algoritmos para a resta. Se queredes mellorar o tempo, podedes facelo varias veces ou inventar vós un circuito de restas como este.

Como sempre, comprobade coa calculadora ao final e intentade atopar o motivo do erros.


Clic na imaxe para facer as restas

Vídeo explicativo da resta

mércores, 3 de xuño de 2020

Cálculo mental. Sumas

O reto de hoxe consiste en facer o circuito do fillo de Bigfoot con sumas no menor tempo posible. Podedes facelo mentalmente ou anotando nun papel. Empregade diferentes algoritmos e estratexias para facilitar o cálculo e facelo máis rápido. Por exemplo:

  • Descompoñer os números
  • Buscar deces
  • Empregar dobres
  • Redondear as cantidades e despois quitar o que se sumou de máis ou engadir o que se sumou de menos
  • Etc...

Abaixo tedes un vídeo de explicativo con diferentes estratexias e algoritmos para a suma.
Non olvidedes comprobar coa calculadora ao final e intentar atopar o motivo do erros.


Clic na imaxe para facer as sumas

Vídeo explicativo





martes, 2 de xuño de 2020

Reto das táboas

Xa está cerca o final do trimestre. Nesta recta final, imos repasar un pouco de todo e os retos desta semana van ir adicados ao cálculo mental. Comezamos por unha proba de rapidez coas táboas de multiplicar, que a estas alturas xa teñen que estar máis que sabidas.
Intentade completar todas as multis do circuito no menor tempo posible. Se queredes mellorar o tempo, podedes repetilo as veces que queirades ou incluso, facer vós o voso propio circuíto.


Comprobade os resultados coa calculadora !!



luns, 1 de xuño de 2020

Ecuacións de pesadas (reto on line)

Na web educaplus.org propoñen este divertido exercicio de álxebra con pesos. Facede os cálculos mentalmente ou en papel e clicada en cada pesa para darlle o seu valor e comprobar se os cálculos son correctos.


A divertirse coa álxebra !!

Clic na imaxe para comezar on line



venres, 29 de maio de 2020

La isla verde: Matemáticas, natureza, universo...

Neste video podedes desfrutar dun espectáculo de xeometría, natureza, astronomía, fractais e patróns. Beleza natural en todo o seu esplendor. Espero que con el aumente o voso interese pola observación do mundo natural e a loita polo seu coidado e respecto.
O vídeo está creado coa técnica "Time Lapse" que consiste en tomar moitas fotografías a intervalos de tempo nunha posición inmóbil e unilas despois despois para reproducilas como se fose un video a cámara rápida. Esta técnica axuda moito para buscar patróns e predecir fenómenos meteorolóxicos, comportamentos animais e humanos, catástrofes naturais e medioambientales... 
Este video, en concreto, está rodado na illa de La Palma, coñecida como a "illa verde", no archipielago das Canarias. Déixovos que investiguedes, se vos apetece, por que lle chaman así e todo o que se vos ocorra despois de ver o vídeo.


Para desfrutalo máis, recomendo usar cascos.


Boa finde !!!



mércores, 27 de maio de 2020

martes, 26 de maio de 2020

Muro das palabrotas

Aquí tedes colocadas no muro todas as palabrotas que ides aportando. Lembrade que teñen que ser palabrotas matemáticas de 3º de primaria para arriba. Por exemplo, "suma" sería unha "palabrota" para un neno ou nena de 1º de primaria ou infantil, pero para vós xa é unha palabra moi coñecida e moi traballada.
Podedes facer as aportacións a través dos comentarios desta entrada. Non poñades datos personais, como moito, se queredes, o nome e o curso, sen apelidos nin nada máis.


Facede clic na imaxe para ver o avance do muro.



Reto 027

Lembrades a balanza que tiñamos na aula para traballar o cálculo mental (sumas, multis, ecuacións...). Propóñovos un reto con ela (pura álxebra).



luns, 25 de maio de 2020

Cálculo mental. Repaso da resta

Nesta entrada vos deixo un vídeo de repaso con varias estratexias para resolver unha resta (diferenza ou substracción, que son sinónimos). Estas estratexias favorecen as habilidades de cálculo mental.
Non precisan aprender de memoria ningún método baseado nas famosas "levadas" que tantos quebradeiros de cabeza nos deron (e aínda nos dan) aos pais e nais da miña xeración. Recomendo que o vídeo o vexan tamén os vosos pais e nais, se teñen tempo.
No pdf adxunto, fixen unha breve explicación de como poderíamos escribir esas estratexias en linguaxe matemático.

Consello: Propoñede vós problemas sinxelos (con números menores de 100) que se resolvan cunha resta. Despois resolvédeos (primeiro mentalmente e despois por escrito).


Ánimo, porque este repaso vai axudarvos moito co cálculo mental.



Clic na imaxe para ver estas estratexias escritas





Reto 026


mércores, 20 de maio de 2020

Recortable de fraccións

Está será a última entrada da semana, para non saturarvos. Aquí podedes descargar un recortable para traballar manipulativamente as fraccións. Está feito a partir da plantilla de xeoplano que colguei hai días. Falta que escribades o valor dalgunha das fraccións. Se tedes dúbidas, consultádeme por mail.
Tamen podedes colorealo vós a partir da plantila vacía, de feito é a mellor maneira de aprender.





martes, 19 de maio de 2020

Arte, animación, matemáticas en estado puro

Nesta entrada preséntovos un par de videos curtos dun artista de animación, Andreas Wannerstedt, nos que hai moita moita xeometría (rectas, curvas, polígonos, paralelas, perpendiculares, simetrías...), pero tamén moitas matemáticas de nivel, funcións, álxebra, frecuencia, cálculo...
Desfrutádeos e, se vos apetece, comentades que vedes de matemáticas nos vídeos (novas palabrotas?...).







O número do día

Para os que estades facendo a proposta de buscar curiosidades do número de cada día, propóñovos buscar pola casa algún obxecto que mida en centímetros o mesmo que o número do día no que estamos, por exemplo, hoxe buscaría algo que mida 19cm, xa que é día 19 de maio. Podedes incluír ese obxecto como curiosidade do número, por exemplo: "A miña axenda mide 19cm".

Para que vos animedes e miredes o bonito que queda e a cantidade de cousas que se poden aprender con esta actividade, déixovos unha foto do que fixo unha nena de sexto.






Inventamos un tangram ??

Atrevédesvos a deseñar e construír o voso propio tangram? Pode ser unha experiencia moi chula!! Pero ollo, hai que darlle ao coco para facer as pezas. Clicando na imaxe tedes as instrucións para facer este mini proxecto. Para os máis curiosos, hai moito campo para investigar e para todos, é unha forma de crear un novo xogo.



Papel, cores, tesoiras e a construír !!!



luns, 18 de maio de 2020

Plantillas xeoplano e regletas

Aproveitando o video da sesión de OAOA de fracción-decimal-procentaxe, déixovos aquí a plantilla do xeoplano A4 (con cadrados de 1cm) e un recortable a modo de exemplo para construir regletas de papel ou cartolina. Pode servos moi útil para xogar con fraccións ou facer cálculos. Podedes usar o xeoplano para construir vós mesmos as regletas coloreando os cadradiños.

Clicade nas imaxes para descargar as plantillas