Amosando publicacións coa etiqueta Táboas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Táboas. Amosar todas as publicacións

martes, 2 de xuño de 2020

Reto das táboas

Xa está cerca o final do trimestre. Nesta recta final, imos repasar un pouco de todo e os retos desta semana van ir adicados ao cálculo mental. Comezamos por unha proba de rapidez coas táboas de multiplicar, que a estas alturas xa teñen que estar máis que sabidas.
Intentade completar todas as multis do circuito no menor tempo posible. Se queredes mellorar o tempo, podedes repetilo as veces que queirades ou incluso, facer vós o voso propio circuíto.


Comprobade os resultados coa calculadora !!



xoves, 28 de maio de 2020

Cronómetro coas táboas

Supoño que a estas alturas, as táboas de multiplicar xa están totalmente dominadas. Imos comprobalo!!!
Facede este test con cronómetro e comparade o resultado cos anteriores. Seguro que mellorades o tempo un montón. Se non é así, xa sabedes, a seguir memorizando. Neste test, entran todas.


Ánimo e a por todas !!




xoves, 23 de abril de 2020

Cornómetro táboas de multiplicar

Recibín peticións pola vosa parte para que subise máis fichas de cronómetro para as táboas de multiplicar.
Lembrade que tamén as podedes deseñar vós personalizadas (non deixa de ser poñer multis ao chou mesturadas e facer un deseño bonito da ficha).
Aquí quedan os enlaces de varias.




mércores, 22 de abril de 2020

Reto táboas multiplicar

Como vai esa memorización das táboas de multiplicar? Hoxe toca poñer a proba os avances coas táboas do 3, do 6 e do 9. Rétovos a facer as dúas fichas en menos de 3 min cada unha. Podedes usar un cronómetro ou un reloxo.  Hai cronómetros online (preguntádelle a google...). Non esquezades comprobar coa calculadora ao rematar.


3, 2, 1 ... XA !!!




martes, 24 de marzo de 2020

Bingo das táboas

Boas, cómo vai ese confinamento?
Que tal a memorización das táboas de multiplicar. Déixovos nesta entrada unha actividade de bingo para practicalas. Inclúe a construción dos cartóns de las bolas cos números. Fai clic na imaxe para descargar a actividade. Constrúe o bingo e a desfrutar en familia !!!




Deixo nestes enlaces, a modo de exemplo, as fotos duns cartóns e fichas cos números que fixemos esta tarde os meus fillos (de 6 e 9 anos) e eu (dalgún ano máis).

Foto 1          Foto 2          Foto3

Neste video estamos xogando unha partida despois de construír o material. Pasámolo xenial !!



Neste enlace (Aulas Galegas) tedes as instrucións para construir un bombo artesanal caseiro de extracción de bolas.