Amosando publicacións coa etiqueta Lóxica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lóxica. Amosar todas as publicacións

martes, 28 de abril de 2020

Mix de retos lóxicos

Déixovos neste enlace 10 retos de lóxica (algún deles xa o fixemos en clase, a ver se o recordades). Ao final do artigo, están as solucións, pero pensade e dádelle voltas abondas antes de miralas.
 Con este mix e as conexións por video chamada, xa tedes retos para o resto da semana.






xoves, 16 de abril de 2020

Reto 019

O reto de hoxe é bastante difícil, pero anímovos a que o intentedes.



Pista: Probade con combinacións de operacións de cálculo mental  💓😉

mércores, 15 de abril de 2020

Reto 018

Xa sabedes que sempre digo o mesmo, a busca de patróns é un dos obxectivos principais das matemáticas.





martes, 7 de abril de 2020

Reto 012

Outra conversa extraña, esta vez no ascensor. Foi antes do coronavirus, claro, porque agora so baixo a botar o lixo e sempre baixo so.
Un veciño díxome isto: "Se onte fose mañá, hoxe sería venres".


Que día aconteceu esta conversa ???



Non fagades "spoiler" dos retos.  Por favor, deixade pensar aos demais.

luns, 6 de abril de 2020

Acrósticos numéricos

Para estes días de "descanso", por se vos aburrides, deixo aquí un xogo que me parece interesante, un acróstico numérico. En Aulas Galegas podedes ver as instrucións (facede clic na imaxe). Con este xogo traballamos a descomposición en sumas dun número e a topoloxía ao ter colocar as letras de xeito que cadren. Recoméndovos xogar un anaco porque ENGANCHA.
Os acrósticos que deseñedes vós, podedes enviarmos ao meu correo do cole.



Tamén se podería facer con multis en lugar de sumas, aínda que sería un pouco máis difícil conseguir que cadren as letras, pero aí queda o reto.


venres, 3 de abril de 2020

Reto 011

Veña, xa estamos a venres... Un reto de lóxica con números.


Non fagades "spoiler" dos retos.  Por favor, deixade pensar aos demais.

luns, 30 de marzo de 2020

Reto 007

Estes días non saímos moito, non se pode comprobar "in situ", así que toca imaxinar...



Por favor, non fagades "spoiler" dos retos.  Deixade pensar aos demais.



domingo, 29 de marzo de 2020

Banco de problemas

Estamos en fin de semana e non tiña pensado escribir ata o luns, pero como nesta situación non noto a diferenza, non me puiden resistir.😜😎
A mellor forma de traballar as matemáticas é lendo ou inventando e resolvendo "historias de números", o que normalmente lle chamamos "problemas". A escritura e resolución de historias de números xa ven de moi antigo. Unha das primeiras constancias que se ten de problemas escritos é o "Papiro de Ahmes" ou "Papiro Rhind". Xa nese papiro aparece o noso amigo número pi. Se queredes saber algo máis sobre el, facede clic na imaxe (tamén podedes buscar en wikipedia).



Déixovos no enlace de abaixo un banco de "historias de números" clasificado por temáticas: lóxica, cálculo, tickets (que sei que vos gustan moito). Algúns deles xa xa están feitos na clase, pero nonpasa nada por repetir. Están organizados en orde crecente de dificultade. Lembrade que a mellor forma de aprender é qinventando as vosas propias historias de números. Podedes intercambialas con amigos e amigas. É doado de facer, todo o mundo ten tickets de compra ou catálogos do super na casa.
Por suposto, este traballo é voluntario.

Banco de "historias de números"

Boa finde.


venres, 27 de marzo de 2020

Mates na cociña 2. Operacións combinadas

A linguaxe matemática, como xa sabedes, é unha linguaxe para "vagos". Sempre busca a simplificación, reducir á mínima expresión a escritura. Para iso, ten que haber unhas regras de moi claras e temos que utilizar signos, que significan palabras ou incluso, ás veces, frases. Exemplos:
= equivalente a   ( 2 + 3 = 5; significa que xuntar  2 e 3 é equivalente a ter 5)
> maior que  (9 > 7; significa que 9 é maior que 7)

Unha das dificultades que nos solemos atopar é cando escribimos operación artiméticas (sumas, restas, multiplicacións, etc) en horizontal e todas mesturadas. Sabemos que hai unhas regras de priridade, pero moitas veces se nos olvidan.

Para repasar isto e axudar a entendelo, volvemos á cociña...

Vou intentar escribir as operacións para averiguar o número de garavanzos da fotografía. Usarei vasos de iogur e garavanzos.


Para calcular isto, primeiro hai que facer a multi (4·3) antes que as sumas. Despois,fanse as sumas. Faino e comproba, contando os garavanzos, que é correcto. Despois, intenta facer as operacións de de esquerda a dereita sen respectar as prioridades das operacións e xa verás como non da.
Como a multi ten prioridade sobre a suma, non necesito poñer paréntese.
Resumindo, hai unha orde prioridades de operacións que sería o seguinte.
  • 1º  parénteses
  • 2º  potencias (os de 5º para abaixo, non tedes que saber o que son)
  • 3º  multis e divisións
  • 4º  sumas e restas


(Se hai varias operacións da mesma orde seguidas, faise como se le, de esquerda a dereita)

OLLO !! só as calculadoras científicas respectan as prioridades de operacións e podemos escribir todas seguidas cando facemos comprobacións. As calculadoras "de oficina" non as repectan.

O cálculo anterior resolveríase así:



RETO: Intentade poñer todo seguido en horizontal as operacións correspondentes ao cálculo do número de garavanzos da imaxe seguinte. Podedes iniciar un debate nos comentarios.






RETO 2: Inventade unha expresión parecida a do primeiro exemplo (5 + 4 · 3 + 6 =   ) e intentade representala con garavanzos nos iogures. Podedes plantexalas nos comentarios e intentar facer as que plantexan outros.

RETO 3: Ao contrario que o reto 2, colocade garavanzos nos iogures y despois escribide a expresión matemática.




Arribada ao peirao

Este xógo de lóxica, ensinoumo unha amiga chamada Ana, mestra de primaria noutro cole. E como a min gústame copiar todo o que me parece interesante, aquí vos deixo a ficha para que practiquedes na casa se queredes. Este xogo xa o fixemos algún día en clase.




Reto 006

Un novo reto de lóxica, cun compoñente de física e tecnoloxía.


Por favor, non fagades "spoiler" dos retos.  Deixade pensar aos demais.



mércores, 25 de marzo de 2020

Reto 004

Agora que xa temos un pouquiño de práctica cos retos, vou empezar a complicalos un pouco. De cando en vez, haberá algún máis doado. O de hoxe hai que pensalo un pouco. Non vale buscar a solución en internet, eh? Iso non sería un reto, sería estafarvos a vós mesmos...
 A solución en dous días.


martes, 24 de marzo de 2020

Reto 003

Imos co terceiro reto. Os dous anteriores eran fáciles, non?
Este vai de busca de patróns, que como xa sabedes é un dos pilares fundamentales das matemáticas e un obxectivo en si mesmo.

A probar e darlle volas !!!


domingo, 22 de marzo de 2020

Reto 001

Para os que botades de menos os retos semanais "da parede" , e dado que imos estar confinados na casa uns días, vou iniciar hoxe una serie de retos diarios "no muro". A ver ata onde chegamos coa iniciativa...

Ánimo e a darlle ao coco !!!






Nota: se fas clic na imaxe do reto, amplíase.