= equivalente a ( 2 + 3 = 5; significa que xuntar 2 e 3 é equivalente a ter 5)
> maior que (9 > 7; significa que 9 é maior que 7)
Unha das dificultades que nos solemos atopar é cando escribimos operación artiméticas (sumas, restas, multiplicacións, etc) en horizontal e todas mesturadas. Sabemos que hai unhas regras de priridade, pero moitas veces se nos olvidan.
Para repasar isto e axudar a entendelo, volvemos á cociña...
Vou intentar escribir as operacións para averiguar o número de garavanzos da fotografía. Usarei vasos de iogur e garavanzos.
Para calcular isto, primeiro hai que facer a multi (4·3) antes que as sumas. Despois,fanse as sumas. Faino e comproba, contando os garavanzos, que é correcto. Despois, intenta facer as operacións de de esquerda a dereita sen respectar as prioridades das operacións e xa verás como non da.
Como a multi ten prioridade sobre a suma, non necesito poñer paréntese.
Resumindo, hai unha orde prioridades de operacións que sería o seguinte.
- 1º parénteses
- 2º potencias (os de 5º para abaixo, non tedes que saber o que son)
- 3º multis e divisións
- 4º sumas e restas
(Se hai varias operacións da mesma orde seguidas, faise como se le, de esquerda a dereita)
OLLO !! só as calculadoras científicas respectan as prioridades de operacións e podemos escribir todas seguidas cando facemos comprobacións. As calculadoras "de oficina" non as repectan.
O cálculo anterior resolveríase así:
RETO: Intentade poñer todo seguido en horizontal as operacións correspondentes ao cálculo do número de garavanzos da imaxe seguinte. Podedes iniciar un debate nos comentarios.
RETO 2: Inventade unha expresión parecida a do primeiro exemplo (5 + 4 · 3 + 6 = ) e intentade representala con garavanzos nos iogures. Podedes plantexalas nos comentarios e intentar facer as que plantexan outros.
RETO 3: Ao contrario que o reto 2, colocade garavanzos nos iogures y despois escribide a expresión matemática.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Este é un blog educativo. Os comentarios deben ser responsables e respetuosos. Grazas