Recomendando sempre un uso racional e supervisado destes recursos, deixo aquí un listado de APPs que eu teño no meu móbil relacionadas coa lóxica e as matemáticas en xeral. A maoir parte en forma de xogos.
DESFRUTADE E FACEDE UN USO RESPONSABLE.
A pega dalgunhas delas é que conteñen anuncios, pero é o que toca.
Mastermind.- Un clásico da lóxica. Similar ao que temos na aula.
SuperBrain Plus.- Variado de xogos. Sinxelo pero bo.
LogiBrain Binary.- Como o xogo de ceros e cruces da clase.
100 Logic Games.- Rebundio de xogos de lóxica de diversa índole.
Brain it On!.- Lóxica e habilidade.
Only for Geniuses.- Os típicos retos de ecuacións que circulan polas redes.
Papiroflexia
Origami.- Titorial con imaxes para construir figuras en papel.
Paperama.- Exercicios virtuais de pregado.
Outros
Tablas de multiplicar para primaria gratis.- Boa APP para axudar a memorizar as táboas de multiplicar. Inclúe test de autoavaliación.
Photomath.- É unha caluladora escáner. Escanea operacións en múltiples formatos e resolve. Incluso escrito a man. É boísima !
CalcBin.- Conversor de decimal a binario e outros sistemas de numeración.
Sangaku Maths.- Teoría de matemáticas. Desenvolvemento teórico de moitos temas matemáticos. Pode usarse a modo de consulta. Incúe exemplos con imaxes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Este é un blog educativo. Os comentarios deben ser responsables e respetuosos. Grazas