luns, 30 de marzo de 2020

PALABROTAS !!!

Lembrades o proxecto de "palabrotas" temos empezado este curso? Non vamos permitir que un virus, por moi simétrico que sexa nos deixe a medias con este traballo que estaba xa moi avanzado e que nos gustaba tanto. Xa sei, o que máis vos gustaba era escribir na parede as palabrotas e non temos parede... ou si?

Non hai parede, pero hai "muro"... un muro virtual.



Propóñovos o seguinte proxecto: reiniciar o dicionario de parabrotas (matemáticas, que non se asuste ningunha nai ou pai 😉). Vós ides escribindo nos comentarios palabrotas matemáticas que recordedes ou se vos ocurran ou vaiades atopando por aí e eu as coloco no muro. Despois, cando teñamos unhas cantas, repartimos o traballo e empezamos a escribir o dicionario, cadaquén na súa casa.
Lembrade que as palabrotas teñen que ser iso, palabrotas, non vale palabrajas como "suma", "resta", "número"... esas serían palabrotas para un neno de primeiro.

Deixo aquí unha imaxe do "muro" de palabrotas que tiñamos na calse.




24 comentarios:

  1. máximo común divisor {mcd}.

    ResponderEliminar

Este é un blog educativo. Os comentarios deben ser responsables e respetuosos. Grazas