xoves, 26 de marzo de 2020

Mates na cociña 1

Hoxe comezo unha nova serie. Bueno, realmente comezou onte co video de pesadas de froitas, que por certo era moi dificil para primaria (era máis ben para a ESO). Pero tranquilos, porei outro similar pero máis asequible. Esta serie non será diaria como os retos, iremos vendo. Na entrada de hoxe tedes que averiguar o valor de cada froito.

Se vos apetece, podedes deseñar vós un reto similar, pero OLLO !! non escribades onde non se pode borrar 😱 (lembrade que eu teño rotuladores máxicos que borran cun pano). Igual é boa idea facelo nunha folla.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este é un blog educativo. Os comentarios deben ser responsables e respetuosos. Grazas