sábado, 21 de marzo de 2020

Videos de mates I

Déixovos nesta entrada os enlaces tres videos relacionados coas mates. Algún deles xa o vimos en clase, pero igual vos apetece volver a velos na casa, sos ou acompañados. Espero que desfrutedes mirándoas tanto como eu. Son de Cristobal Vila, un aragonés que é un crack en produción de animacións, tanto pola espectacularidade visual como pola profundidade matemática. Por certo, que a música é marabillosa, para seguir escoitando un bo rato despois de ver o vídeo.