venres, 20 de marzo de 2020

Presentación

Bos días, nenos e nenas.

Calquera reto é unha oportunidade de superación, e esta situación de emerxencia sanitaria que estamos vivindo no ía ser menos. Estamos vivindo un momento histórico sen precedentes que seguro vai a traducirse en cambios na forma de ver o mundo de moitas persoas, ou quizás da sociedade como conxunto. Intentade vivilo con tranquilidade, pero con reflexión e responsabilidade, facendo da situación unha oportunidade para medrar como persoas críticas, responsables e solidarias.
Nace este blog para facer fronte a esa necesidade de aportarvos recursos, ante a falta da escola presencial, que vos permitan seguir desenvolvendo o pensamento matemático dun xeito lúdico, manipulativo e racional.
Espero e desexo que vos sexa de utilidade e que gocedes facendo matemáticas como o facedes habitualmente na aula.

Unha aperta moi grande