Amosando publicacións coa etiqueta Xeometría. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xeometría. Amosar todas as publicacións

luns, 15 de xuño de 2020

Cubo infinito e papiroflexia

A papiroflexia é a arte de transformar o papel en beleza. Case unha ciencia, diría eu. Dende logo, o que é indiscutible, é a súa relación íntima coas matemáticas, en concreto coa xeometría: áreas, formas, ángulos imposibles, volúmes, proporcións...
Unha compañeira vosa, que non vou dicir quen é para que Aldara non se sinta aludida, é moi aficionada á papiroflexia e á xeometría, e fixo este "cubo infinito" que cambia de cubo a prisma só cun par de xiros. Véndese nas tendas como xoguete "antiestrés", pero mola infinitamente máis así.



Animádevos a practicar a papiroflexia. Apréndese un montón e é moi pero que moi divertido !!!

Para quen se anime a practicala, deixo aquí este enlace a Aulas Galegas onde teñen varias entradas adicadas á mesma.

E con esta entrada tan artística, remato as propostas deste curso. Na entrada "solucións retos" tedes as respostas a todos os retos que fun propoñendo desde o inicio do blog. Espero que teñades gozado del tanto como eu.

Nunca deixedes de preguntarvos cousas, de investigar e de aprender.


Que pasedes un moi moi feliz verán !!!



mércores, 10 de xuño de 2020

Reto 30. O reto do Xardín

Teño un xardín de 24 metros cadrados de forma rectangular. Propóñovos resolver varias cuestións que sobre el.
  • Canto miden os seus lados?
  • Canto mide o seu perímetro?
  • Pode haber varias solucións diferentes? Se cres que si, intenta pensar algunhas.
  • Pode haber un xardín cadrado con esa área? Canto medirían os seus lados aproximadamente?
  • Pode haber xardíns con esa área que teñan outras formas? Se pensas que si, intenta debuxalos e calcular as medidas da contorna.
  • A que xogos se podería xogar neses xardíns dependendo das formas e medidas que teñan?

Ánimo, que este reto da para moito se o pensades con calma.





venres, 29 de maio de 2020

La isla verde: Matemáticas, natureza, universo...

Neste video podedes desfrutar dun espectáculo de xeometría, natureza, astronomía, fractais e patróns. Beleza natural en todo o seu esplendor. Espero que con el aumente o voso interese pola observación do mundo natural e a loita polo seu coidado e respecto.
O vídeo está creado coa técnica "Time Lapse" que consiste en tomar moitas fotografías a intervalos de tempo nunha posición inmóbil e unilas despois despois para reproducilas como se fose un video a cámara rápida. Esta técnica axuda moito para buscar patróns e predecir fenómenos meteorolóxicos, comportamentos animais e humanos, catástrofes naturais e medioambientales... 
Este video, en concreto, está rodado na illa de La Palma, coñecida como a "illa verde", no archipielago das Canarias. Déixovos que investiguedes, se vos apetece, por que lle chaman así e todo o que se vos ocorra despois de ver o vídeo.


Para desfrutalo máis, recomendo usar cascos.


Boa finde !!!



mércores, 20 de maio de 2020

Recortable de fraccións

Está será a última entrada da semana, para non saturarvos. Aquí podedes descargar un recortable para traballar manipulativamente as fraccións. Está feito a partir da plantilla de xeoplano que colguei hai días. Falta que escribades o valor dalgunha das fraccións. Se tedes dúbidas, consultádeme por mail.
Tamen podedes colorealo vós a partir da plantila vacía, de feito é a mellor maneira de aprender.





martes, 19 de maio de 2020

Arte, animación, matemáticas en estado puro

Nesta entrada preséntovos un par de videos curtos dun artista de animación, Andreas Wannerstedt, nos que hai moita moita xeometría (rectas, curvas, polígonos, paralelas, perpendiculares, simetrías...), pero tamén moitas matemáticas de nivel, funcións, álxebra, frecuencia, cálculo...
Desfrutádeos e, se vos apetece, comentades que vedes de matemáticas nos vídeos (novas palabrotas?...).







Inventamos un tangram ??

Atrevédesvos a deseñar e construír o voso propio tangram? Pode ser unha experiencia moi chula!! Pero ollo, hai que darlle ao coco para facer as pezas. Clicando na imaxe tedes as instrucións para facer este mini proxecto. Para os máis curiosos, hai moito campo para investigar e para todos, é unha forma de crear un novo xogo.



Papel, cores, tesoiras e a construír !!!



luns, 18 de maio de 2020

Plantillas xeoplano e regletas

Aproveitando o video da sesión de OAOA de fracción-decimal-procentaxe, déixovos aquí a plantilla do xeoplano A4 (con cadrados de 1cm) e un recortable a modo de exemplo para construir regletas de papel ou cartolina. Pode servos moi útil para xogar con fraccións ou facer cálculos. Podedes usar o xeoplano para construir vós mesmos as regletas coloreando os cadradiños.

Clicade nas imaxes para descargar as plantillas
    



Reto 025

Intentade resolver este reto de xeometría e mandádeme a explicación. Pode ser cun debuxo.




mércores, 13 de maio de 2020

Reto 024: Facemos un Tangram ??

Déixovos un enlace a un vídeo onde nos contan como podemos construír facilmente un tangram chinés que nos vai permitir facer un sinfín de actividades matemáticas. Desde xeometría hasta medidas, pasando por fraccións, cálculos, proporcións...
Irei propoñendo actividades para traballar co tangram proximamente. Mentres, podedes usalo a modo de reto con figuras de sombras. Deixo abaixo un enlace para as sombras e outro para solucións (neste tedes que facer zoom), pero dádelle ao coco antes de consultar pistas.

Podedes facelo en papel e despois pasao a cartonila, goma EVA, cartón... Empregade toda a vosa creatividade para decoralo. Espero imaxes das vosas creacións. (Consello, decorade ou pintade as dúas caras de cada peza)





Clica nas imaxes
  
     
Reto de sombras                                    Solucións  




xoves, 30 de abril de 2020

Ilusións ópticas

Hoxe, como antesala da fin de semana e para tomalo como algo máis lúdico, deixo un enlace a un artigo onde aparecen 15 ilusións ópticas. Algunhas xa as coñecedes porque levan anos colgadas polas paredes da aula de Belén, pero outras igual son novas. É curioso ver como. ás veces, nos engana o cerebro e as cousas non son o que parecen. Aquí nos explican un pouco estes efectos, cales son os mecanismos que emprega o cerebro para que se produzan. Obxectos do mesmo tamaño que aparentan diferentes, liñas paralelas que non o parecen. As matemáticas poden axudarnos a saír destes enredos a través da medida, do cálculo  da lóxica e das súas verdades absolutas.
Qué importante é estimar, e ás veces, qué imprescindible medir !!!



luns, 27 de abril de 2020

Cubo Bafi

Na entrada de hoxe, déixovos uns vídeos para explorar a xeometría xogando a partir dun cubo flexible construido por vós. Este cubo coñecese popularmente como Cubo Bafi. O primeiro vídeo é para construilo e os dous seguintes para ver aplicacións con el. Pinchade nás imaxes para ver os vídeos.
Espero que o desfrutedes moito !!

Construción


                             
Que é Bafi                                                      Aplicacións Bafi




Reto 022


martes, 14 de abril de 2020

A fantasía e as sombras

Hoxe quero compartir con vós unha proposta da mestra Carolina que me parece moi divertida e tamén ten cabida nos cursos superiores.
A ver que historias saen das vosas cabezas e toman forma a través das sombras...

Desfrutade da aventura de crear !!




Reto 017

O reto de hoxe adícollo á mestra de mates máis molona de 4º de primaria. Pasoume isto por wsp e levoume un rato atopar a resposta.

Atréveste ???



luns, 13 de abril de 2020

Reto 016

Este reto pode que dea un pouco máis que pensar, pero é bonito. Ata pode facerse en cartolina ou papel.




Por favor, non fagades "spoiler" dos retos.  Deixade pensar aos demais.

venres, 10 de abril de 2020

Reto 015

Outro reto de "camiños" para traballar  topoloxía. Este, un chisquiño máis difícil, pero sen pasarse.




Por favor, non fagades "spoiler" dos retos.  Deixade pensar aos demais.

xoves, 9 de abril de 2020

Reto 014

Nestes días de semana santa confinada vou poñer un reto moi doado. En concreto, aí van tres quebracabezas.


RETO EXTRA: Tamén podedes construír vós os vosos propios quebracabezas de este estilo e compartilos entre as amigas e amigos. Para iso, podedes utilizar a plantilla do xeoplanoA4 que vos deixei neste blog, ou nun cadrado deseñado por vós. Se queredes, podedes enviarme unha foto por mail dos deseños e así tamén nos saudamos.




Por favor, non fagades "spoiler" dos retos.  Deixade pensar aos demais.

mércores, 8 de abril de 2020

luns, 6 de abril de 2020

Acrósticos numéricos

Para estes días de "descanso", por se vos aburrides, deixo aquí un xogo que me parece interesante, un acróstico numérico. En Aulas Galegas podedes ver as instrucións (facede clic na imaxe). Con este xogo traballamos a descomposición en sumas dun número e a topoloxía ao ter colocar as letras de xeito que cadren. Recoméndovos xogar un anaco porque ENGANCHA.
Os acrósticos que deseñedes vós, podedes enviarmos ao meu correo do cole.



Tamén se podería facer con multis en lugar de sumas, aínda que sería un pouco máis difícil conseguir que cadren as letras, pero aí queda o reto.