Qué importante é estimar, e ás veces, qué imprescindible medir !!!
Actividades, retos, curiosidades, enlaces e recursos relacionados coas mates de primaria, especialmente do segundo e terceiro ciclo.
xoves, 30 de abril de 2020
Ilusións ópticas
Hoxe, como antesala da fin de semana e para tomalo como algo máis lúdico, deixo un enlace a un artigo onde aparecen 15 ilusións ópticas. Algunhas xa as coñecedes porque levan anos colgadas polas paredes da aula de Belén, pero outras igual son novas. É curioso ver como. ás veces, nos engana o cerebro e as cousas non son o que parecen. Aquí nos explican un pouco estes efectos, cales son os mecanismos que emprega o cerebro para que se produzan. Obxectos do mesmo tamaño que aparentan diferentes, liñas paralelas que non o parecen. As matemáticas poden axudarnos a saír destes enredos a través da medida, do cálculo da lóxica e das súas verdades absolutas.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Este é un blog educativo. Os comentarios deben ser responsables e respetuosos. Grazas