Moitas veces, deixámonos levar polos automatismos e facemos as cousas sen pensar. Un exemplo son os algoritmos que empregamos, en ocasións, para resolver cálculos. Xa sabedes que no Martín Codax non traballamos así o cálculo. Dáselle moita importancia ao cálculo mental e á lóxica e non se traballan tanto os algoritmos tradicionais baseados en procesos ríxidos e memorísticos sen entender o por que.
Hai un movemento pedagóxico, chamado OAOA, que está baseado no reforzo do cálculo, mental entendendo o que se fai, e no concepto de número (ao contrario que nos algoritmos tradicionais que se traballa por cifras). Un dos puntos fortes desta metodoloxía é o peso que se lle da á estimación e a auto detección de erros.
De todo o que busquei por internet e outros foros de profes de matemáticas, OAOA é o que máis se parece á forma que temos na nosa escola de traballar o cálculo.
Deixo aquí un par de videos, enfocados a docentes e familias, que poden estar moi ben para ser vistos en compañía, nenos e nenas con pais e nais (ou avós e avoas) e comprender (sobre todo os proxenitores) a forma de traballar o cálculo que estamos desenvolvendo na escola. Estes están enfocados a segundo e terceiro ciclo porque tratan sobre a multiplicación, pero na canle de Marcos Marrero (o protagonista do vídeo) hai máis sesiones sobre suma, resta, introdución ás regretas e próximamente división e outros conceptos.
Facede clic nas imaxes para ver os vídeos
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Este é un blog educativo. Os comentarios deben ser responsables e respetuosos. Grazas