mércores, 1 de abril de 2020

Plantilla xeoplano A4

Déixovos aquí unha plantilla de xeoplano en papel (tamaño A4) con cadros de 1cm de lado. Podedes utilizalo para facer exercicios de coordenadas, de medición de áreas e perímetros de figuras, para construir unhas regretas de Cuisenaire en papel...
Hai infinidade de actividades que se poden facer, sobre todo relacionadas con xeometría. Irei colgando algunhas pouco a pouco.
Recordade que, como o lado do cadrado mide 1cm. a área de cada cadradiño é de 1 cm2 (un centímetro cadrado). Son as medidas reais das regretas.


Exemplos de actividades: Debuxa unha figura libre (noon moi complexa) e:

  • Mide a súa área e o seu perímetro.
  • Escribe as cordenadas dos vértices desa figura.
  • Mide (se tes transportador) os ángulos.
  • Clasifica os ángulos da figura (agudos, rectos, obtusos...)
  • Debuxa a simétrica en horizontal e/ou en vertical. Ten o mesmo perímetro? E a mesma área?
  • Debuxa unha figura semellante pero que os seus lados midan o dobre. Como é o seu perímetro? E a súa área?

2 comentarios:

  1. Hola Juan, son Martín de 5ºA, eu non podo facer o xeoplano e non podo imprimilo, pódesme axudar por favor? Grazas, un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. Boas, Martín. Saúdos tamén a Sara. Non teño moi claro o que queres dicir exactamente. Explícamo un pouco mellor por mail. Tes o meu mail na web da escola.
    Grazas por preguntar e participar

    ResponderEliminar

Este é un blog educativo. Os comentarios deben ser responsables e respetuosos. Grazas