Amosando publicacións coa etiqueta Medida. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Medida. Amosar todas as publicacións

martes, 2 de xuño de 2020

Isto é cousa de alturas

A perspectiva sempre é un factor a ter en conta. Conceptos como grande ou pequeno, longo ou curto, alto ou baixo, son relativos e só teñen sentido cando comparamos un ou máis elementos. Por iso se inventaron as unidades de medida, para falar de valores absolutos, aínda que medir tamén é comparar. Cando medimos estamos comparando o valor dunha magnitude (peso, lonxitude, área...) co valor dun patrón que usamos como unidade.
Neste vídeo vese claramente a idea de que "grande " ou "pequeno" son conceptos relativos.
Fixádevos que indica as medidas en metros (m) e en pés (ft, do inglés feet).





luns, 11 de maio de 2020

Mates na cociña. Receita de filloas

Hoxe almorcei unhas riquiiiiiiiisimas filloas. Acordeime entón de algo que tiña ganas de facer hai tempo, traballar as mates cunha receita de cociña. E cal mellor que esta, sinxela, doada e moi moi rica. Podedes fecela todos e todas (de feito sempre a facedes no entroido). Propóñovos elaborar as filloas e facer as actividades do ficheiro anexo. Lembrade que unha das cousas máis importantes para aprender é facerse moitas moitas preguntas... e despois intentar buscar respostas.

Espero as vosas receitas adaptadas e as fotos dos resultados, se queredes, claro.



Bo proveito !!!



domingo, 19 de abril de 2020

Mates na cociña. Pesos e sumas

Boas a todos e todas. Hoxe domingo, non tiña pensado facer entrada, pero preparando o almorzo, púxenme a gravar na cociña e saíu isto.
Esta actividade podedes facela vós nas vosas cociñas. Os obxectivos son traballar os pesos (comparando pesos e observando as unidades, gramos, quilogramos), facer cálculos sinxelos (sumas, veces, repartos..) incluso, se vos atrevedes, facer fraccions, porcentaxes e proporcions.
Nos próximos días irei dando ideas e actividades máis concretas.

Desfrutade do domingo.



luns, 13 de abril de 2020

Reto 016

Este reto pode que dea un pouco máis que pensar, pero é bonito. Ata pode facerse en cartolina ou papel.




Por favor, non fagades "spoiler" dos retos.  Deixade pensar aos demais.

mércores, 8 de abril de 2020