sábado, 26 de setembro de 2020

Borrón e conta nova


Comeza un novo curso cheo de incertidumes e novas rutinas. Con el, en medio deste tempo de cambios, aproveito para facer un borrón e conta nova. A partir de agora as miñas entradas de cousas de mates estarán neste novo blog:

Cousiñas de mates


😊


luns, 15 de xuño de 2020

Cubo infinito e papiroflexia

A papiroflexia é a arte de transformar o papel en beleza. Case unha ciencia, diría eu. Dende logo, o que é indiscutible, é a súa relación íntima coas matemáticas, en concreto coa xeometría: áreas, formas, ángulos imposibles, volúmes, proporcións...
Unha compañeira vosa, que non vou dicir quen é para que Aldara non se sinta aludida, é moi aficionada á papiroflexia e á xeometría, e fixo este "cubo infinito" que cambia de cubo a prisma só cun par de xiros. Véndese nas tendas como xoguete "antiestrés", pero mola infinitamente máis así.



Animádevos a practicar a papiroflexia. Apréndese un montón e é moi pero que moi divertido !!!

Para quen se anime a practicala, deixo aquí este enlace a Aulas Galegas onde teñen varias entradas adicadas á mesma.

E con esta entrada tan artística, remato as propostas deste curso. Na entrada "solucións retos" tedes as respostas a todos os retos que fun propoñendo desde o inicio do blog. Espero que teñades gozado del tanto como eu.

Nunca deixedes de preguntarvos cousas, de investigar e de aprender.


Que pasedes un moi moi feliz verán !!!



mércores, 10 de xuño de 2020

Reto 30. O reto do Xardín

Teño un xardín de 24 metros cadrados de forma rectángular. Propóñovos resolver varias cuestións que vos plantexo sobre el.
  • Canto miden os seus lados?
  • Canto mide o seu perímetro?
  • Pode haber varias solucións diferentes? Se cres que si, intenta pensar algunhas.
  • Pode haber un xardín cadrado con esa área? Canto medirían os seus lados aproximadamente?
  • Pode haber xardíns con esa área que teñan outras formas? Se pensas que si, intenta debuxalos e calcular as medidas da contorna.
  • A que xogos se podería xogar neses xardíns dependendo das formas e medidas que teñan?

Ánimo, que este reto da para moito se o pensades con calma.





martes, 9 de xuño de 2020

Mates na cociña. Ecuacións de froitas

Outro reto moi sano para practicar o cálculo mental. Volvemos a traballar a álxebra desde a cociña. Trátase de calcular canto vale a última fila de froitas tendo en conta o valor das anteriores. Estes pomelos tamén son da horta do profe Nico.



Animádevos a inventar vós algún reto similar !!!



luns, 8 de xuño de 2020

Mates na cociña. Pesada froitas 3

Volven os retos na cociña, esta vez un reto de pesadas de froitas. Non vos preocupedes, esta vez non é moi difícil, só require un pouco de cálculo mental sinxelo. Trátase de calcular canto pesa cada froita. Por certo, o pomelo é da horta do profe Nico, logo fago un zume para refrescarme desta calor. 😋



Animádevos a deseñar vós un reto como este !!!


Obradoiro probabilidade 5º e 6º

Aquí tedes o obradoiro de probabilidade que fixemos a principio de curso completamente contestado. Como era un traballo por grupos, escaneei un deles e completei o que faltaba.
Podedes descargalo para gardalo co resto de traballos do curso facendo clic na imaxe.