Actividades, retos, curiosidades, enlaces e recursos relacionados coas mates de primaria, especialmente do segundo e terceiro ciclo.
Amosando publicacións coa etiqueta Aritmetica b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Aritmetica b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 27 de maio de 2020
martes, 26 de maio de 2020
Reto 027
Lembrades a balanza que tiñamos na aula para traballar o cálculo mental (sumas, multis, ecuacións...). Propóñovos un reto con ela (pura álxebra).
luns, 25 de maio de 2020
Cálculo mental. Repaso da resta
Nesta entrada vos deixo un vídeo de repaso con varias estratexias para resolver unha resta (diferenza ou substracción, que son sinónimos). Estas estratexias favorecen as habilidades de cálculo mental.
Non precisan aprender de memoria ningún método baseado nas famosas "levadas" que tantos quebradeiros de cabeza nos deron (e aínda nos dan) aos pais e nais da miña xeración. Recomendo que o vídeo o vexan tamén os vosos pais e nais, se teñen tempo.
No pdf adxunto, fixen unha breve explicación de como poderíamos escribir esas estratexias en linguaxe matemático.
Consello: Propoñede vós problemas sinxelos (con números menores de 100) que se resolvan cunha resta. Despois resolvédeos (primeiro mentalmente e despois por escrito).

Ánimo, porque este repaso vai axudarvos moito co cálculo mental.
Clic na imaxe para ver estas estratexias escritas
luns, 18 de maio de 2020
9ª sesión directo OAOA - Fracción-Decimal-Porcentaxe
Para quen non puido ver en directo esta marabillosa explicación de Marcos Marrero sobre as tres formas distintas pero equivalentes de expresar unha cantidade (fracción, decimal e porcentaxe) aquí deixo o enlace á sesión. Xa sabedes que sempre quedan grabadas na súa canle de Youtube.
Moi recomendable para toda a familia!!
(seguramente moitos pais e nais diredes: "que fácil era e que difícil mo explicaron")
luns, 11 de maio de 2020
Mates na cociña. Receita de filloas
Hoxe almorcei unhas riquiiiiiiiisimas filloas. Acordeime entón de algo que tiña ganas de facer hai tempo, traballar as mates cunha receita de cociña. E cal mellor que esta, sinxela, doada e moi moi rica. Podedes fecela todos e todas (de feito sempre a facedes no entroido). Propóñovos elaborar as filloas e facer as actividades do ficheiro anexo. Lembrade que unha das cousas máis importantes para aprender é facerse moitas moitas preguntas... e despois intentar buscar respostas.
Espero as vosas receitas adaptadas e as fotos dos resultados, se queredes, claro.
Espero as vosas receitas adaptadas e as fotos dos resultados, se queredes, claro.
Bo proveito !!!
Ksi Meritos con numeritos !!
Por petición popular, poño outra tanda de cálculo. Esta vez cambiando "sacos de Paco" por Ksi Meritos con numeritos (que por certo, alucinei cos prezos deste simpáticos bonecos. Se un deles custa uns 45€, botade contas canto custarán dous ou tres). Unha das fichas vai en branco para que poñedes vós as cantidades todas as veces que queirades, só tedes que imprimila sempre que vos apeteza. Facede algunhas para sumar cantidades e outras para multiplicar.
E intentade facer as multis descompoñendo a cantidade grande. No video de OAOA que vos puxen hai un días explica moi ben como facelo.
E intentade facer as multis descompoñendo a cantidade grande. No video de OAOA que vos puxen hai un días explica moi ben como facelo.
sábado, 25 de abril de 2020
Sesión OAOA directo. División II
Hoxe sábado, ás 18:00, a 8ª sesión en directo de Marcos Marrero, mestre OAOA. Será na súa canle de Youtube (enlace na imaxe).
Esta vez para falar sobre algoritmos da división. Moi interesante para toda a rapazada de terceiro ciclo e as súas familias, para comprender un pouco mellor a forma de traballar o cálculo mental.
Esta vez para falar sobre algoritmos da división. Moi interesante para toda a rapazada de terceiro ciclo e as súas familias, para comprender un pouco mellor a forma de traballar o cálculo mental.
Non vola perdades. Eu, alí estarei !!
Para os que non cheguedes a tempo, a sesión quedará grabada na canle de Youtube de Marcos.
venres, 24 de abril de 2020
Reto de maxia coa calculadora
Hoxe rompemos un pouco a rutina e propóñovos facer un pouco de "maxia" coa calculadora.
Logo de facelo, o reto para vós consiste en averiguar por que pasa o que pasa, onde está a "maxia"? Como sempre, podedes enviarme por mail as conclusións.
Queredes adiviñar o pensamento? Imos alá.
Podedes facerllo aos vosos pais, nais e familia que teñades cerca, e cando saiamos do confinamento, tamén ás amistades.
Van quedar coa boca aberta!!
Só precisades unha calculadora e seguir os pasos que vos indico un a un.Logo de facelo, o reto para vós consiste en averiguar por que pasa o que pasa, onde está a "maxia"? Como sempre, podedes enviarme por mail as conclusións.
BOA FINDE !!
Fonte: Xornadas Imatxina
luns, 20 de abril de 2020
Cálculo mental. A división OAOA
Aquí vos deixo un enlace directo á 7ª sesión en directo que fixo Marcos Marrero (mestre OAOA) sobre a división este pasado sábado. É a primeira parte sobre a división. Próximamente, a segunda. É un video moi recomendable para entender como se debe traballar a división desde a comprensión, empregando algoritmos que fomentan o desenvolvemento do cálculo mental.
domingo, 19 de abril de 2020
Mates na cociña. Pesos e sumas
Boas a todos e todas. Hoxe domingo, non tiña pensado facer entrada, pero preparando o almorzo, púxenme a gravar na cociña e saíu isto.
Esta actividade podedes facela vós nas vosas cociñas. Os obxectivos son traballar os pesos (comparando pesos e observando as unidades, gramos, quilogramos), facer cálculos sinxelos (sumas, veces, repartos..) incluso, se vos atrevedes, facer fraccions, porcentaxes e proporcions.
Nos próximos días irei dando ideas e actividades máis concretas.
Desfrutade do domingo.
venres, 17 de abril de 2020
Reto 020
Ás veces, as cousas non son o que parecen.
A pensar !!!
Decansade e relaxede estes dous días. Boa Finde !!
martes, 14 de abril de 2020
Calculo mental "pensando"
Entrada adicada ás familias:
Moitas veces, deixámonos levar polos automatismos e facemos as cousas sen pensar. Un exemplo son os algoritmos que empregamos, en ocasións, para resolver cálculos. Xa sabedes que no Martín Codax non traballamos así o cálculo. Dáselle moita importancia ao cálculo mental e á lóxica e non se traballan tanto os algoritmos tradicionais baseados en procesos ríxidos e memorísticos sen entender o por que.
Hai un movemento pedagóxico, chamado OAOA, que está baseado no reforzo do cálculo, mental entendendo o que se fai, e no concepto de número (ao contrario que nos algoritmos tradicionais que se traballa por cifras). Un dos puntos fortes desta metodoloxía é o peso que se lle da á estimación e a auto detección de erros.
De todo o que busquei por internet e outros foros de profes de matemáticas, OAOA é o que máis se parece á forma que temos na nosa escola de traballar o cálculo.
Deixo aquí un par de videos, enfocados a docentes e familias, que poden estar moi ben para ser vistos en compañía, nenos e nenas con pais e nais (ou avós e avoas) e comprender (sobre todo os proxenitores) a forma de traballar o cálculo que estamos desenvolvendo na escola. Estes están enfocados a segundo e terceiro ciclo porque tratan sobre a multiplicación, pero na canle de Marcos Marrero (o protagonista do vídeo) hai máis sesiones sobre suma, resta, introdución ás regretas e próximamente división e outros conceptos.

Facede clic nas imaxes para ver os vídeos
martes, 31 de marzo de 2020
Reto 008
Mirade que conversa máis extaña entre dous amigos.
Clic na imaxe
Imaxe: https://es.123rf.com (Extraído o 28/3/20)
Por favor, non fagades "spoiler" dos retos. Deixade pensar aos demais.
venres, 27 de marzo de 2020
Mates na cociña 2. Operacións combinadas
A linguaxe matemática, como xa sabedes, é unha linguaxe para "vagos". Sempre busca a simplificación, reducir á mínima expresión a escritura. Para iso, ten que haber unhas regras de moi claras e temos que utilizar signos, que significan palabras ou incluso, ás veces, frases. Exemplos:
= equivalente a ( 2 + 3 = 5; significa que xuntar 2 e 3 é equivalente a ter 5)
> maior que (9 > 7; significa que 9 é maior que 7)
Unha das dificultades que nos solemos atopar é cando escribimos operación artiméticas (sumas, restas, multiplicacións, etc) en horizontal e todas mesturadas. Sabemos que hai unhas regras de priridade, pero moitas veces se nos olvidan.
Para repasar isto e axudar a entendelo, volvemos á cociña...
Vou intentar escribir as operacións para averiguar o número de garavanzos da fotografía. Usarei vasos de iogur e garavanzos.

Para calcular isto, primeiro hai que facer a multi (4·3) antes que as sumas. Despois,fanse as sumas. Faino e comproba, contando os garavanzos, que é correcto. Despois, intenta facer as operacións de de esquerda a dereita sen respectar as prioridades das operacións e xa verás como non da.
Como a multi ten prioridade sobre a suma, non necesito poñer paréntese.
Resumindo, hai unha orde prioridades de operacións que sería o seguinte.
- 1º parénteses
- 2º potencias (os de 5º para abaixo, non tedes que saber o que son)
- 3º multis e divisións
- 4º sumas e restas
(Se hai varias operacións da mesma orde seguidas, faise como se le, de esquerda a dereita)
OLLO !! só as calculadoras científicas respectan as prioridades de operacións e podemos escribir todas seguidas cando facemos comprobacións. As calculadoras "de oficina" non as repectan.
O cálculo anterior resolveríase así:
RETO: Intentade poñer todo seguido en horizontal as operacións correspondentes ao cálculo do número de garavanzos da imaxe seguinte. Podedes iniciar un debate nos comentarios.
RETO 2: Inventade unha expresión parecida a do primeiro exemplo (5 + 4 · 3 + 6 = ) e intentade representala con garavanzos nos iogures. Podedes plantexalas nos comentarios e intentar facer as que plantexan outros.
RETO 3: Ao contrario que o reto 2, colocade garavanzos nos iogures y despois escribide a expresión matemática.
xoves, 26 de marzo de 2020
Multiplicacións descompoñendo. Cálculo mental
Déixovos aquí uns enlaces a vídeos, a modo de repaso, onde explican como facer multiplicacións descompoñendo. Xa sabedes que esta forma de facelo mellora a capacidade de cálculo mental.
Están ordenados en orde crecente de dificultade. Duran pouco. Algún deles sonexplicados por nenos e nenas estupendamente.
- Enlace vídeo 4 · 215
- Enlace vídeo 3 · 315 (este, a nena faino mentalmente)
- Enlace víde 5 · 44
- Enlace vídeo 4 · 253
- Enlace vídeo 26 · 33
- Enlace vídeo 27 · 761
ÁNIMO !!
martes, 24 de marzo de 2020
Bingo das táboas
Boas, cómo vai ese confinamento?
Que tal a memorización das táboas de multiplicar. Déixovos nesta entrada unha actividade de bingo para practicalas. Inclúe a construción dos cartóns de las bolas cos números. Fai clic na imaxe para descargar a actividade. Constrúe o bingo e a desfrutar en familia !!!
Deixo nestes enlaces, a modo de exemplo, as fotos duns cartóns e fichas cos números que fixemos esta tarde os meus fillos (de 6 e 9 anos) e eu (dalgún ano máis).
Neste video estamos xogando unha partida despois de construír o material. Pasámolo xenial !!
Neste enlace (Aulas Galegas) tedes as instrucións para construir un bombo artesanal caseiro de extracción de bolas.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)