Estamos en fin de semana e non tiña pensado escribir ata o luns, pero como nesta situación non noto a diferenza, non me puiden resistir.😜😎
A mellor forma de traballar as matemáticas é lendo ou inventando e resolvendo "historias de números", o que normalmente lle chamamos "problemas". A escritura e resolución de historias de números xa ven de moi antigo. Unha das primeiras constancias que se ten de problemas escritos é o "Papiro de Ahmes" ou "Papiro Rhind". Xa nese papiro aparece o noso amigo número pi. Se queredes saber algo máis sobre el, facede clic na imaxe (tamén podedes buscar en wikipedia).
Déixovos no enlace de abaixo un banco de "historias de números" clasificado por temáticas: lóxica, cálculo, tickets (que sei que vos gustan moito). Algúns deles xa xa están feitos na clase, pero nonpasa nada por repetir. Están organizados en orde crecente de dificultade. Lembrade que a mellor forma de aprender é qinventando as vosas propias historias de números. Podedes intercambialas con amigos e amigas. É doado de facer, todo o mundo ten tickets de compra ou catálogos do super na casa.
Por suposto, este traballo é voluntario.
Banco de "historias de números"
Boa finde.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Este é un blog educativo. Os comentarios deben ser responsables e respetuosos. Grazas