luns, 6 de abril de 2020

Acrósticos numéricos

Para estes días de "descanso", por se vos aburrides, deixo aquí un xogo que me parece interesante, un acróstico numérico. En Aulas Galegas podedes ver as instrucións (facede clic na imaxe). Con este xogo traballamos a descomposición en sumas dun número e a topoloxía ao ter colocar as letras de xeito que cadren. Recoméndovos xogar un anaco porque ENGANCHA.
Os acrósticos que deseñedes vós, podedes enviarmos ao meu correo do cole.



Tamén se podería facer con multis en lugar de sumas, aínda que sería un pouco máis difícil conseguir que cadren as letras, pero aí queda o reto.


venres, 3 de abril de 2020

Boa finde e boa semana santa !!!

Hoxe xa é venres outra vez. A semana que entra, sería a de vacacións de semana santa, pero non será moi diferente á anterior. Si baixarei o número de entradas. Publicarei un reto diario do luns ao mércores por se alguén non quere desconectar del todo. Quen decida desconectar totalmente, estupendo, aquí estarei á volta.
Para empezar a finde cunha imaxe bonita, déixobos unha foto da posta de sol de onte desde a ventá do meu piso. Facendo clic na imaxe enlaza coa canción abandeirada desta resistencia caseira ao virus.



BOA FINDE !!!

Cómo é de grande ?

Ás veces, a soberbia humana fainos perder un pouco o norte sen darnos conta o pequenos que podemos chegar a ser. Seguramente xa coñecedes este vídeo, pero nunca ven mal volver a velo, eu non me canso nunca. Podedes comparar os tamaños de varios corpos celestes, incluidos o Sol e o noso planeta. Fixádevos como ten que ir cambiando de unidade de medida.



Reto 011

Veña, xa estamos a venres... Un reto de lóxica con números.


Non fagades "spoiler" dos retos.  Por favor, deixade pensar aos demais.

xoves, 2 de abril de 2020

Xogamos coa xeometría?

Polígonos, ángulos, rectas, curvas, simetrías, xiros, translacións...

Nestes dous vídeos veredes exemplos de todo iso e poderedes practicalo vós na casa, con un pouco de paciencia e tesón, claro. En YouTube hai moitos vídeos de caleidoscopios coas máns como estes.
DESFRUTADE !!


                

Reto 010

Despois de un par de retos difíciles, hoxe toca un fácil, con ecuacións, pero pode facerse mentalmente.


Non fagades "spoiler" dos retos.  Por favor, deixade pensar aos demais.