Xa que estes días non podemos facelo físicamente, polo menos, imos facelo virtualmente. En breve estaremos nós por aí, correndo, brincando, abranzando, bicando...
Neste vídeo podemos desfrutar da cidade desde arriba, como se fose unha maqueta a escala, dándolle un aspecto de mini-mundo de xoguete. Porque as mates sempre van da man da Arte. O vídeo é do tema "El Tiempo Futuro" do grupo "Eladio y los Seres Queridos".
Vémonos nese "tempo futuro" máis cedo que tarde... Ánimo e forza !!!
Actividades, retos, curiosidades, enlaces e recursos relacionados coas mates de primaria, especialmente do segundo e terceiro ciclo.
martes, 31 de marzo de 2020
Fichas crono das táboas
Deixo un exemplo das fichas que faciamos na clase con cronómetro para practicar a axilidade coas táboas de multiplicar.
Podedes construir vós na casa outras similares con multis das táboas que queirades repasar e despois facelas con cronómetro (dixital, analóxico, de area, un spinner...). Recordade a importancia de saber moi ben de memoria as táboas. Unha vez feito, como sempre, comprobade coa calculadora.

Clic na imaxe
Reto 008
Mirade que conversa máis extaña entre dous amigos.
Clic na imaxe
Imaxe: https://es.123rf.com (Extraído o 28/3/20)
Por favor, non fagades "spoiler" dos retos. Deixade pensar aos demais.
luns, 30 de marzo de 2020
PALABROTAS !!!
Lembrades o proxecto de "palabrotas" temos empezado este curso? Non vamos permitir que un virus, por moi simétrico que sexa nos deixe a medias con este traballo que estaba xa moi avanzado e que nos gustaba tanto. Xa sei, o que máis vos gustaba era escribir na parede as palabrotas e non temos parede... ou si?
Non hai parede, pero hai "muro"... un muro virtual.
Propóñovos o seguinte proxecto: reiniciar o dicionario de parabrotas (matemáticas, que non se asuste ningunha nai ou pai 😉). Vós ides escribindo nos comentarios palabrotas matemáticas que recordedes ou se vos ocurran ou vaiades atopando por aí e eu as coloco no muro. Despois, cando teñamos unhas cantas, repartimos o traballo e empezamos a escribir o dicionario, cadaquén na súa casa.
Lembrade que as palabrotas teñen que ser iso, palabrotas, non vale palabrajas como "suma", "resta", "número"... esas serían palabrotas para un neno de primeiro.
Deixo aquí unha imaxe do "muro" de palabrotas que tiñamos na calse.
Reto 007
Estes días non saímos moito, non se pode comprobar "in situ", así que toca imaxinar...
Por favor, non fagades "spoiler" dos retos. Deixade pensar aos demais.
Bos días !!! Viva a Xeometría !!
Qué mellor forma de empezar a semana cunha música agradable e relaxante. E se é acompañada dunhas imaxes que alegran a vista, moito mellor.
Canta xeometría hai na Natureza !!!
Rétovos a escribir nos comentarios toda a xeometría que vedes neste video.
DESFRUTÁDEO !!!
Espero que teñades unha marabillosa semana.
Canta xeometría hai na Natureza !!!
Rétovos a escribir nos comentarios toda a xeometría que vedes neste video.
DESFRUTÁDEO !!!
Espero que teñades unha marabillosa semana.
domingo, 29 de marzo de 2020
Banco de problemas
Estamos en fin de semana e non tiña pensado escribir ata o luns, pero como nesta situación non noto a diferenza, non me puiden resistir.😜😎
A mellor forma de traballar as matemáticas é lendo ou inventando e resolvendo "historias de números", o que normalmente lle chamamos "problemas". A escritura e resolución de historias de números xa ven de moi antigo. Unha das primeiras constancias que se ten de problemas escritos é o "Papiro de Ahmes" ou "Papiro Rhind". Xa nese papiro aparece o noso amigo número pi. Se queredes saber algo máis sobre el, facede clic na imaxe (tamén podedes buscar en wikipedia).
Déixovos no enlace de abaixo un banco de "historias de números" clasificado por temáticas: lóxica, cálculo, tickets (que sei que vos gustan moito). Algúns deles xa xa están feitos na clase, pero nonpasa nada por repetir. Están organizados en orde crecente de dificultade. Lembrade que a mellor forma de aprender é qinventando as vosas propias historias de números. Podedes intercambialas con amigos e amigas. É doado de facer, todo o mundo ten tickets de compra ou catálogos do super na casa.
Por suposto, este traballo é voluntario.
Banco de "historias de números"
Boa finde.

venres, 27 de marzo de 2020
Boa finde !!
Rematamos a segunda semana de confinamento e toca descansar un par de días. Espero que pasedes un sábado e domingo tranquilos e relaxados cargando pilas para afrontar a semana que ven con forza.
Déixovos un agasallo dos profes do cole que fixemos con moito cariño para todos vós. Seguramente xa os vistes, pero paréceme unha boa forma de poñer a guinda a esta intensa semana e desexarvos unha boa finde.
Vémonos o luns !!! 😘

Se queredes, podedes deixar aquí abaixo os vosos comentarios de ánimo 😉
Mates na cociña 2. Operacións combinadas
A linguaxe matemática, como xa sabedes, é unha linguaxe para "vagos". Sempre busca a simplificación, reducir á mínima expresión a escritura. Para iso, ten que haber unhas regras de moi claras e temos que utilizar signos, que significan palabras ou incluso, ás veces, frases. Exemplos:
= equivalente a ( 2 + 3 = 5; significa que xuntar 2 e 3 é equivalente a ter 5)
> maior que (9 > 7; significa que 9 é maior que 7)
Unha das dificultades que nos solemos atopar é cando escribimos operación artiméticas (sumas, restas, multiplicacións, etc) en horizontal e todas mesturadas. Sabemos que hai unhas regras de priridade, pero moitas veces se nos olvidan.
Para repasar isto e axudar a entendelo, volvemos á cociña...
Vou intentar escribir as operacións para averiguar o número de garavanzos da fotografía. Usarei vasos de iogur e garavanzos.

Para calcular isto, primeiro hai que facer a multi (4·3) antes que as sumas. Despois,fanse as sumas. Faino e comproba, contando os garavanzos, que é correcto. Despois, intenta facer as operacións de de esquerda a dereita sen respectar as prioridades das operacións e xa verás como non da.
Como a multi ten prioridade sobre a suma, non necesito poñer paréntese.
Resumindo, hai unha orde prioridades de operacións que sería o seguinte.
- 1º parénteses
- 2º potencias (os de 5º para abaixo, non tedes que saber o que son)
- 3º multis e divisións
- 4º sumas e restas
(Se hai varias operacións da mesma orde seguidas, faise como se le, de esquerda a dereita)
OLLO !! só as calculadoras científicas respectan as prioridades de operacións e podemos escribir todas seguidas cando facemos comprobacións. As calculadoras "de oficina" non as repectan.
O cálculo anterior resolveríase así:
RETO: Intentade poñer todo seguido en horizontal as operacións correspondentes ao cálculo do número de garavanzos da imaxe seguinte. Podedes iniciar un debate nos comentarios.
RETO 2: Inventade unha expresión parecida a do primeiro exemplo (5 + 4 · 3 + 6 = ) e intentade representala con garavanzos nos iogures. Podedes plantexalas nos comentarios e intentar facer as que plantexan outros.
RETO 3: Ao contrario que o reto 2, colocade garavanzos nos iogures y despois escribide a expresión matemática.
Arribada ao peirao
Este xógo de lóxica, ensinoumo unha amiga chamada Ana, mestra de primaria noutro cole. E como a min gústame copiar todo o que me parece interesante, aquí vos deixo a ficha para que practiquedes na casa se queredes. Este xogo xa o fixemos algún día en clase.
Reto 006
Un novo reto de lóxica, cun compoñente de física e tecnoloxía.
Por favor, non fagades "spoiler" dos retos. Deixade pensar aos demais.
Etiquetas:
5º EP,
6º EP,
Curso 2019-20,
Lóxica,
Retos
xoves, 26 de marzo de 2020
APP matemáticas
Aínda que, como xa sabedes, a mellor forma de aprender é xogando, palpando, compartindo e manipulando, na diversidade está a riqueza. O abuso da tecnoloxía de pantalla (móbil, tablet, videoconsola, etc), sobre todo a idades tempranas non é nada recomendable para o correcto desenvolvemento cognitivo e neuronal. Por iso, é recomendable racionar o seu uso. Por outro lado, en momentos de confinamento como o que estamos a vivir, hai que ter un amplo abano de actividades e recursos cos que facer fronte ás longas horas de estancia na casa.
Recomendando sempre un uso racional e supervisado destes recursos, deixo aquí un listado de APPs que eu teño no meu móbil relacionadas coa lóxica e as matemáticas en xeral. A maoir parte en forma de xogos.
DESFRUTADE E FACEDE UN USO RESPONSABLE.
A pega dalgunhas delas é que conteñen anuncios, pero é o que toca.
Xogos de Lóxica e Habilidade
Mastermind.- Un clásico da lóxica. Similar ao que temos na aula.
SuperBrain Plus.- Variado de xogos. Sinxelo pero bo.
LogiBrain Binary.- Como o xogo de ceros e cruces da clase.
100 Logic Games.- Rebundio de xogos de lóxica de diversa índole.
Brain it On!.- Lóxica e habilidade.
Only for Geniuses.- Os típicos retos de ecuacións que circulan polas redes.
Papiroflexia
Origami.- Titorial con imaxes para construir figuras en papel.
Paperama.- Exercicios virtuais de pregado.
Outros
Tablas de multiplicar para primaria gratis.- Boa APP para axudar a memorizar as táboas de multiplicar. Inclúe test de autoavaliación.
Photomath.- É unha caluladora escáner. Escanea operacións en múltiples formatos e resolve. Incluso escrito a man. É boísima !
CalcBin.- Conversor de decimal a binario e outros sistemas de numeración.
Sangaku Maths.- Teoría de matemáticas. Desenvolvemento teórico de moitos temas matemáticos. Pode usarse a modo de consulta. Incúe exemplos con imaxes.

Simetrías
Nestes momentos de confinamento, nos que a moral non sempre está no punto máis alto da gráfica, nunca ven de máis un toque de humor para intentar arrancar un sorriso.
Con este video, que podemos tomar como un DESAFÍO para facer nós na casa, traballamos as simetrías un montón.
DESFRUTADE, E SE VOS ATREVEDES...
Con este video, que podemos tomar como un DESAFÍO para facer nós na casa, traballamos as simetrías un montón.
DESFRUTADE, E SE VOS ATREVEDES...
Multiplicacións descompoñendo. Cálculo mental
Déixovos aquí uns enlaces a vídeos, a modo de repaso, onde explican como facer multiplicacións descompoñendo. Xa sabedes que esta forma de facelo mellora a capacidade de cálculo mental.
Están ordenados en orde crecente de dificultade. Duran pouco. Algún deles sonexplicados por nenos e nenas estupendamente.
- Enlace vídeo 4 · 215
- Enlace vídeo 3 · 315 (este, a nena faino mentalmente)
- Enlace víde 5 · 44
- Enlace vídeo 4 · 253
- Enlace vídeo 26 · 33
- Enlace vídeo 27 · 761
ÁNIMO !!
Mates na cociña 1
Hoxe comezo unha nova serie. Bueno, realmente comezou onte co video de pesadas de froitas, que por certo era moi dificil para primaria (era máis ben para a ESO). Pero tranquilos, porei outro similar pero máis asequible. Esta serie non será diaria como os retos, iremos vendo. Na entrada de hoxe tedes que averiguar o valor de cada froito.
Se vos apetece, podedes deseñar vós un reto similar, pero OLLO !! non escribades onde non se pode borrar 😱 (lembrade que eu teño rotuladores máxicos que borran cun pano). Igual é boa idea facelo nunha folla.

mércores, 25 de marzo de 2020
Reto extra das froitas
Boas.
Hoxe estou xeneroso e ides levar un reto extra. Esta vez é especial, por se botabades de menos as clases. Ademáis, aproveito para recomendarvos comer moita froita, é moi saudable.
Se non vos sae, non vos preocupedes, é un pouco difícil, pero si podedes facelo na vosa cociña.
ÁNIMO E MOITA FORZA !!!!
Facede clic na imaxe.

Reto 004
Agora que xa temos un pouquiño de práctica cos retos, vou empezar a complicalos un pouco. De cando en vez, haberá algún máis doado. O de hoxe hai que pensalo un pouco. Non vale buscar a solución en internet, eh? Iso non sería un reto, sería estafarvos a vós mesmos...
A solución en dous días.
A solución en dous días.
martes, 24 de marzo de 2020
Bingo das táboas
Boas, cómo vai ese confinamento?
Que tal a memorización das táboas de multiplicar. Déixovos nesta entrada unha actividade de bingo para practicalas. Inclúe a construción dos cartóns de las bolas cos números. Fai clic na imaxe para descargar a actividade. Constrúe o bingo e a desfrutar en familia !!!
Deixo nestes enlaces, a modo de exemplo, as fotos duns cartóns e fichas cos números que fixemos esta tarde os meus fillos (de 6 e 9 anos) e eu (dalgún ano máis).
Neste video estamos xogando unha partida despois de construír o material. Pasámolo xenial !!
Neste enlace (Aulas Galegas) tedes as instrucións para construir un bombo artesanal caseiro de extracción de bolas.

Reto 003
Imos co terceiro reto. Os dous anteriores eran fáciles, non?
Este vai de busca de patróns, que como xa sabedes é un dos pilares fundamentales das matemáticas e un obxectivo en si mesmo.
A probar e darlle volas !!!
Este vai de busca de patróns, que como xa sabedes é un dos pilares fundamentales das matemáticas e un obxectivo en si mesmo.
A probar e darlle volas !!!
luns, 23 de marzo de 2020
Reto 002
A serie diaria de retos comeza a camiñar pouco a pouco. Imos a polo segundo. Para facer este, podedes empregar fichas de dominó ou debuxalo nun papel.
domingo, 22 de marzo de 2020
Reto 001
Para os que botades de menos os retos semanais "da parede" , e dado que imos estar confinados na casa uns días, vou iniciar hoxe una serie de retos diarios "no muro". A ver ata onde chegamos coa iniciativa...
Ánimo e a darlle ao coco !!!
Ánimo e a darlle ao coco !!!
Nota: se fas clic na imaxe do reto, amplíase.
Vídeos de mates II
Déixovos nesta entrada os enlaces a outros tres videos relacionados coas mates. Estes son estilo documental e están moi ben, aínda que son un pouco máis longos. Algún anaco deles xa o vimos en clase. O conductor dos documentais é Marcus du Sautoy, un matemático e divulgador científico británico. Espero que vos guste.
sábado, 21 de marzo de 2020
Videos de mates I
Déixovos nesta entrada os enlaces tres videos relacionados coas mates. Algún deles xa o vimos en clase, pero igual vos apetece volver a velos na casa, sos ou acompañados. Espero que desfrutedes mirándoas tanto como eu. Son de Cristobal Vila, un aragonés que é un crack en produción de animacións, tanto pola espectacularidade visual como pola profundidade matemática. Por certo, que a música é marabillosa, para seguir escoitando un bo rato despois de ver o vídeo.
venres, 20 de marzo de 2020
A Historia do número un
Aqui tedes o vídeo en Youtube da "Historia do número 1" que vimos en clase e nos servíu para facer un repaso pola historia das matemáticas e dos sistemas de numeración. Se queredes, podedes velo en familia e explicarlles na casa como foron acontecendo as cousas.
Aulas Galegas
Na web "Aulas Galegas" tedes diversas propostas de actividades lúdicas e manipulativas, tanto de matemáticas como de outras áreas de coñecemento, que compartimos varios profes de primaria e secundaria. Pódense filtrar por cursos ou por materias.
Ken Ken online
Neste enlace podedes facer todo tipo de KenKens. Xa sabedes que é un tipo de quebracabezas que ademáis de traballar a lóxica a través das estratexias de resolución (igual que nos sudokus), trabállase tamén o cálculo mental sinxelo.
Este Kenken online, e autocorrixible e configurable.
Facendo clic en "SELECT PUZZLE TYPE..." configurades o tipo de keken que queredes facer (número de casillas, nivel de dificulatade e tipo de operacións). Lembrade que se leva multis e divisións é máis doado que só con sumas e restas. Pensa por que.
Clicando no deplegable "Rules" (o que ten a bandeira) podedes escoller o idioma no que mortra as regras de xogo por se tedes algunha dúbida.
A pensar e desfrutar !!

Solucións aos retos
Parabéns a toda persoa que lle adicou un tempo a pensar, atopase ou non a solución !!!
Reto 001 Reto 011 Reto 021
Reto 002 Reto 012 Reto 022
Reto 003 Reto 013 Reto 025
Reto 004 Reto 014 Reto 026
Reto 005 Reto 015 Reto 027
Reto 006 Reto 016 Reto 028
Reto 007 Reto 017 Reto 029
Reto 008 Reto 018 Reto 030
Reto 009 Reto 019
Reto 010 Reto 020
Sección de mates na cociña
Mates na cociña 1
Mates na cociña 2
Pesada das froitas 1
Pesada das froitas 3
Ecuacións de froitas
Reto 002 Reto 012 Reto 022
Reto 003 Reto 013 Reto 025
Reto 004 Reto 014 Reto 026
Reto 005 Reto 015 Reto 027
Reto 006 Reto 016 Reto 028
Reto 007 Reto 017 Reto 029
Reto 008 Reto 018 Reto 030
Reto 009 Reto 019
Reto 010 Reto 020
Sección de mates na cociña
Mates na cociña 1
Mates na cociña 2
Pesada das froitas 1
Pesada das froitas 3
Ecuacións de froitas
Presentación
Bos días, nenos e nenas.
Calquera reto é unha oportunidade de superación, e esta situación de emerxencia sanitaria que estamos vivindo no ía ser menos. Estamos vivindo un momento histórico sen precedentes que seguro vai a traducirse en cambios na forma de ver o mundo de moitas persoas, ou quizás da sociedade como conxunto. Intentade vivilo con tranquilidade, pero con reflexión e responsabilidade, facendo da situación unha oportunidade para medrar como persoas críticas, responsables e solidarias.
Nace este blog para facer fronte a esa necesidade de aportarvos recursos, ante a falta da escola presencial, que vos permitan seguir desenvolvendo o pensamento matemático dun xeito lúdico, manipulativo e racional.
Espero e desexo que vos sexa de utilidade e que gocedes facendo matemáticas como o facedes habitualmente na aula.
Unha aperta moi grande

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)